Opinión

Repetitivos

COMO son eleccións diversas as mensaxes estiveron difuminadas nunha manchea de escenarios, pero os principais partidos, que a pesar dos emerxentes ameazantes na súa primacía seguen sendo PSOE e PP, apenas se moveron dos seus discursos da campaña das xerais. Os populares reclamaron acaparar o voto da dereita e os socialistas pretenden aglutinar o da esquerda para evitar o goberno alterativo deses tres partidos. E aínda que ao PSOE lle foi ben e ao PP mellorable, son lóxicas as súas posturas, porque así os primeiros beneficiaríanse da continuidade e os segundos pretenden facerlle ver aos electores o que significou a perda de representación de miles dos seus votos coa disgregación de candidaturas. Máis dubidoso destes na campaña foi meter medo con Podemos, como en tempos finiseculares e os anos previos se facía cos comunistas; dificilmente iso lle restará apoios aos socialistas. O 26-M, hoxe, dictamirá se estas estratexias de repetición foron efectivas, ou se para uns si Repetitivos e outros non.

Comentarios