Opinión

De súpeto bate coa diferenza e a indiferenza

DE SÚPETO Cs decátase da realidade distinta de cada comunidade, de que o seu uniformismo españolista non o asume a periferia do centralismo. E ocorre non nun debate con antagónicos políticos, senón na negociación con semellantes para compartir listas electorais. Aprecia Cs que o PP varía en cada autonomía, que no País Vasco defende os foros e o diferenciador concerto económico e que en Galicia non é agresivo co idioma propio porque respecta a diversidade, non como eles, que non asumen nada alleo ao nacionalismo español rancio a pesar de ser partido novo. Non chegan a acusar a Feijóo de nacionalista galego porque se adiantaron os de Vox nun descoñecemento absoluto da realidade na súa restrinxida visión territorial. Sufre Cs a súa falta de estrutura e representatividade en Galicia e Euskadi, que non compensa con Cataluña ante un PP sólido, sobre todo neste esquinazo peninsular. Así pasou do intento de sorpasso á intranscendencia.

Comentarios