Opinión

Un ano de goberno

Pedro Sánchez y Pablo Iglesias. EFE
photo_camera Pedro Sánchez y Pablo Iglesias. EFE

CÚMPRESE UN ano da toma de posesión do primeiro goberno de colación desde a volta á democracia, para sobresalto de sectores económicos e políticos temerosos sobre todo da presenza máis esquerdista na toma de decisións, a pesar de que este formato non era novidoso en niveis executivos como comunidades ou concellos.

Gustará ou non, loxicamente hai de todo, pero o que non se pode é acusar de sorprendente, pois practicáronse políticas contra a desigualdade, de corte progresista, verde, feminista e social tal como se prometera e se pretende seguir. Pero este ano case por completo pandémico vai ser avaliado ante todo pola xestión da crise sanitaria, por moito que houbera significativas leis como a de eutanasia que levaba anos agardando, e aí hai ministros que saen fortalecidos, como Salvador Illa ou Yolanda Díaz, e outros case desaparecidos que a bo seguro entrarán no paquete de amortizados cando chegue a hora de substituír o titular de Sanidade.

Comentarios