Opinión

Vitoria socialista e goberno independentista

A PESAR dos atrancos pandémicos, puideron celebrarse unhas eleccións catalás que elevan a PSOE e Vox, manteñen a Podemos e minimizan a Cs e PP, iso en canto á extrapolación na española, porque aquí xogábanse algo máis que unhas autonómicas, como ben quedara claro en campaña. Labazadas para Arrimadas e Casado, resistencia de Iglesias e estímulo para Abascal e Sánchez. Se ben o triunfo socialista non é suficiente para Illa porque o secesionismo incluso sae fortalecido, con catro escanos máis que en 2017 e supera a metade dos votos, unha barreira ata agora infranqueada de gran transcendencia por moito que a participación fora escasa. O pequeno reaxuste entre ERC e JxCat permitirá aos republicanos ter o primeiro president logo da Segunda República (exilio e Transición á parte), e todo pola escisión do PDeCAT dos seus socios do Govern que os privou duns miles de votos que ao final resultaron perdidos por non obter representación.

Comentarios