Opinión

Xuíz e parte

OS REPRESENTANTES dos tres poderes do Estado, executivo, lexislativo e xudicial, son escollidos polos cidadáns, indirectamente nas máis das veces, iso si, como ocorre co presidente do Goberno (Congreso) ou o órgano rexente dos xuíces (Cortes). Igual que á súa maneira dicía Rajoy que son os veciños os que queren elixir o alcalde (que tampouco é de xeito directo), aquí desde a instauración da democracia óptase pola votación universal para que as institucións non sexan corporativistas. Pretende agora a oposición, contrariamente ao que sucedía cando ostentaba o executivo, cambiar as normas para a elección do poder xudicial e evitar que represente a vontade cidadá, como así vén ocorrendo nestes últimos catro anos, con xuíces ocupando o cargo o dobre do tempo para o que foron elixidos. E para presionar ampáranse no comisario europeo de Xustiza, máis ben para gañar o relato fronte ao bloqueo, pero en vez de mediar convértese en xuíz e parte

Comentarios