Opinión

O poder da imaxinación / A batalla de inventos

▶Diario de Pontevedra, en colaboración coa Fanpa e o Concello de Pontevedra, publica cada día dous dos relatos fi nalistas da VII edición do concurso literario
 

O poder da imaxinación 

Ola! Chámome Akko e vivo con Sakura, a miña mellor amiga. Todo comezou cando Sakura tiña 10 anos. Ela, despois de aforrar moito diñeiro, decidiu mercarme. Sakura é muda, polo que non consegue falar. Malia isto, ela move moi ben os beizos e eu enténdoa perfectamente. "Ti es parva! Non fuches quen de aprender a falar!", son algunhas das cousas que lle dicían a Sakura na escola a diario.

Con todo, para evitar que os seus pais se preocupasen, ao volver da escola entraba cun gran sorriso; aínda que, no momento no que chegaba á súa habitación..., só facía pensar entre saloucos nas poucas ganas que tiña de ir ao colexio ao día seguinte.

Eu, Akko, ao vela así choro por dentro. De tanta rabia que sentía ao ver a miña dona tan magoada, un día enchinme de forzas e conseguín falarlle. Non me preguntedes como; supoño que a imaxinación de Sakura fi xo moito. 

Así, pouco a pouco, foime escoitando, cada vez máis atenta, ata que finalmente escoitei saír da súa boca unha pequena palabra; para min a palabra máis fermosa do mundo. Grazas á nosa amizade, Sakura logrou falar e conseguiu axudar milleiros de nenos e nenas coma ela. Que como o fi xo? Pois cun regalo moi sinxelo; cunha simple boneca coma min. 

ALICIA TRINCADO TORRES

CEIP Manuel Cordo Boullosa [Ponte Caldelas]

A batalla de inventos 

Había unha vez dous irmáns que se chamaban Carla e Carlos. Aos irmáns encantáballes inventar cousas, porque, claro, o pai era inventor. Todas as fi ns de semana traballaban xuntos, todo era xenial: esforzábanse, descansaban, tomaban a súa cunquiña de té... 

Como cada mañá, o pai ollou a listaxe de inventores que viña no xornal todos os días, no que sempre se dicía que el e os seus fi llos eran os mellores inventores do mundo, que os seus inventos eran moi útiles etc..., e case se lle saen os ollos das órbitas. Superáranos! Non podía ser certo! Tratábase de Marie Curie, quen inventara a maquina do tempo. 

–Vinte anos de experiencia como inventor para isto...! –dixo o pai–. Creo que é un bo momento para retarlle a unha batalla de inventos. Mandareille unha carta a Marie Curie e que empece a batalla! 

Ao cabo duns días, todo estaba organizado en París para o desafío inventivo destes personaxes! Alí a familia atopouse a Marie Curie, quen, grazas á súa maquina do tempo, puido traer os mellores inventores de todos os tempos, como Leonardo da Vinci ou Isaac Newton, que formaban equipo con ela. 

–Así calquera –refunfuñaron Carlos e Carla.

A competición foi toda unha revolución, pero era moi divertida! É moi difícil gañarlles cos seus inventos incribles, demasiado talento, e pasou o que tiña que pasar, na rolda final gañaron! 

–Creo que esta é a fi n –dixo o pai–. Así que a recoller e vámonos. 

Estaban moi tristes. Cando saían pola porta, a propia Marie Curie quería compartir o trofeo, pois recoñeceu que tivera moita axuda grazas aos grandes inventores de todos os tempos que puido recrutar coa maquina. Así que, ao final, fixéronse moi amigos e formaron o seu club de inventores e, por suposto..., eran os primeiros. 

SOFÍA VAL NÚÑEZ

CEIP Plurilingüe Lope de Vega  [Vigo]

Comentarios