Os traballadores que esixen a Noruega o pago de pensións de xubilación polos anos que estiveron embarcados en mercantes confían en lograr un fallo favorable do Tribunal de Dereitos Humanos
O xuízo, que se celebrará martes e mércores, parte dun recurso de apelación presentado contra unha sentenza emitida o pasado mes de abril por un xulgado de primeira instancia de Oslo
Os demandantes insisten en que sufriron unha discriminación por motivos económicos: obrigábaselles a pagar o 30% do seu salario bruto pero non podían cotizar no país escandinavo
A problemática afecta a unhas 12.000 persoas que traballaron no país nórdico antes de 1994, ano no que ambos os páises asinaron un convenio para regularizar a situación dos empregados españois
A asociación de de antigos traballadores da mariña mercante que exerceron en barcos noruegueses reclaman ao país escandinavo unha pensión tras a súa xubilación