coronavirus

Marín homenaxea aos sanitarios no Día Mundial da Saúde

Con motivo do Día Mundial da Saúde, que se celebra este 7 de abril, o Concello de Marín publicou un vídeo co que recoñece o labor de todos os sanitarios na loita contra o coronavirus.

Acompañado das imaxes dalgúns dos aplausos que se lles está dedicando a este colectivo nun momento tan delicado, o goberno marinense aporta mensaxes para estes "heroes anónimos que día a día arrisdes a vosa saúde para salvar a nosa, que ides traballar para que nós quedemos na casa coidando dos nosos".

Por todo iso Marín quere dar as "grazas" a estes profesionais e anunciar que os aplausos deste martes "soarán aínda máis fortes" e que "as bocinas e cancións de resistencia e esperanza chegarán máis lonxe". 
 

Comentarios