O morrazo

Arde o tellado dun alpendre en Bueu

Os Bombeiro do Morrazo extinguiron no mediodía deste luns un pequeno incendio que se orixinou nun alpendre situado no lugar de O Cabalo, na parroquia de Beluso, en Bueu. Ata o lugar tamén se desplazou a Policía Local de Bueu e a Garda Civil. Non houbo feridos e o lume non causou danos importantes, tan só no tellado do alpendre.