Pontevedra

O momento viral do concurso das Murgas: Tino Fernández baila como en 'Dirty Dancing'

A compra do convento polo Concello de Pontevedra, o prezo da luz, o coronavirus e as desgrazas da sanidade pública, as aventuras de Urdangarín e o rei emérito, os "fodechinchos", e mesmo os líos do PP, sen esquecer os chascarrillos da política local e o Benidorm Fest, foron os grandes temas da gran final do XXX Concurso de Murgas, celebrado este xoves pola noite no Pazo da Cultura. 

Sen embargo, o momento viral do concurso foi protagonizado polo tenente de alcalde, Tino Fernández, que mesmo bailou o famoso tema de Dirty Dancing coa presentadora, María Carrera, unha auténtica raíña do enxeño e a diversión. [O momento pode visualizarse entre 1.40.00 e 1.44.00]

Comentarios