Opinión

Anuncios de Perogrullo

A XUNTA de Galicia anunciou o xoves que non porá trabas ás expedicións en covas do Courel, que só se lles pedirán aos espeleólogos que queiran entrar determinados documentos que marca a lei. A mensaxe quería ser tranquilizadora despois de saberse que hai xente que accede ilegalmente ás cavernas para saquear e esnaquizar a contorna. Pero, no fondo, o anuncio é inútil porque non cambia nada. Os espeleólogos xa estaban solicitando as pertinentes autorizacións para estudar as covas e os furtivos nin as pedían antes nin as van pedir agora. O que se bota en falta é un plan efectivo para loitar contra os que atentan contra o patrimonio.

Comentarios