Opinión

Natalidade: non chega con cheques

A PERDA de poboación é o cancro galego e as administracións inclúen axudas aos recén nacidos nos seus orzamentos. É un parche que está lonxe de ser a solución. Para que haxa nenos primeiro hai que convencer aos pais. Os proxenitores queren garantías para dar o paso de formar unha famila. O primeiro é o traballo e a vivenda e, despois, o apoio diario. Non chega un cheque, precísase flexibilidade laboral para atender os fillos cando están enfermos, unha gardería que funcione tamén de tardes, unha biblioteca ou unha bolsa para financiar os seus estudos. O reto está na conciliación, esa palabra que tanto escoitamos pero que poucas veces vimos.

Comentarios