sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

‘'Babbino’'

ALGUÉN PREGUNTA se coñezo o título exacto dese tema que está a cantar esa rapaciña en '‘Got Talent España'’ e eu non só respondo que é ‘'O mio babbino caro’' de Puccini, senón que adxunto un vídeo subtitulado de Maria Callas interpretando esta aria de ‘Gianni Schicchi’. Na procura descubro, abraiado, que o de España non é novidoso. E acabo por pensar que é obrigatorio que en calquera dos ‘'Got Talent’', sexa no país que sexa, concurse alguén, preferentemente muller e menor de quince anos, cantando esta aria. E tamén parece obrigatorio que os xurados acollan a actuación con acenos de pasmo, coa boa aberta, facendo reverencias ou tirándose no chan. O público, por suposto, non para de aplaudir dende o principio: que dozura, que tenrura, que beleza, que... Pasou en Holanda, en EE.UU., en México, en España hai unas semanas e en Romanía hai uns días. E a min esta fascinación que xeran algunhas cancións paréceme un pouco enganosa. É como se consideraramos que tal canción é un canon de algo: se a cantas ben, pasas o concurso: ademais, é linda («cuqui») e cortiña: non importa que haxa pezas máis doces ou difíciles (de agora e de antes). Recórdame o que facían algunhas orquestras para rematar as verbenas. Para demostrar un suposto poderío (?) vogal e instrumental, cantaban o tema central de ‘Underworld’ ou perpetraban, igualmente a berros, ‘'La fiesta pagana'’, de Mägo de Oz. Que arte!

‘'Babbino’'
Comentarios
ç