Opinión

Ese día de festa

PASOU OUTRO Día do Traballo que moitos celebraron facendo festa, como apuntaba Mafalda. É realmente a festa dos sindicatos, organizacións que en tempos foron quen de montar partidos políticos ou de desmontar gobernos. Pero dende hai uns anos, estas organizacións van perdendo creto; é como se algunha man negra (nome vinculado ao sindicalismo anarquista de finais do XIX) estivera a facelas culpables de todo o que ocorre. Certo é que as centrais tamén axudaron: os cursos de formación en Andalucía, as tarxetas black de Cajamadrid...

Estes días, mesmo unha organización presuntamente de esquerdas, como Podemos, non quixo saber nada de sindicatos. O mesmo ocorre con Ciudadanos. Os dous partidos emerxentes desmárcanse, pero sen pasarse, non vaia ser que lles esperte a conciencia de clase a aqueles que están afiliados a un sindicato só porque ten o máis reputado avogado laboralista da redonda. Nisto nótase que a Crise amainou: semella que xa non é necesario levarse por diante os sindicatos para poder culpar libremente os traballadores de todo o que pasa.

Comentarios