sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

Tocoume!

COMO XA pasa do mediodía do 22 de decembro, aviso de que nese instante estarei nalgún aeroporto buscando un voo para as Seychelles. Na viaxe comprarei sen taxa todo o que me ofrezan no servizo de a bordo, que é unha das cousas máis vergoñentamente caras que existen. Pero vaime dar igual, porque vou ter tal morea de cartos que non me vai importar pagar 200 euros por unha botelliña de 100 mililitros de escocés… e se hai que mesturalo con auga ou convidar á toda a pasaxe, faise e xa está: cando un ten posibles, hai que demostralo dende o principio. Despois, nas Seychelles haberei de comprar algunha mansión vitoriana con palmeiras, 52 dormitorios (un por semana, para non cansar) e, por suposto, embarcadoiro para o iate. O do persoal de servizo non será problema: buscarei a alguén para que me faga a axenda: hoxe, pescar; maña, rañala; pasado, praia, e o seguinte, repetir o do segundo día. Tamén terei que asinar un contrato temporal con alguén para que vaia facendo iso do que todo o mundo falará hoxe: pagar a hipoteca, o coche, os estudos do pequeno… Non me vai o de ir dicindo que todos eses cartos da lotaría van ser para tapar furados, e máis cando xogo tanto que é doado saír de pobres, outra frase típica desde 22-D. Xogar, coma min, 25 euros ou así é confiar realmente no espíritu máxico do Nadal. Este ano, vou subscribir o outro topicazo da data: o importante é ter saúde.

Tocoume!
Comentarios
ç