Opinión

Urxen liñas vermellas

QUE ABASCAL podería ser, coa súa iconografía machirula, unha personaxe da propaganda nazi, ninguén o pon en dúbida. Aínda que estean prohibidos, en Alemania existen círculos que manteñen viva esa chama de voluptuosidade hormonal, nazis actualizados que producen moito arrepío. Asegúrollelo. Hai uns anos coñecín un precioso exemplar da categoría dos grizzly (osos pardos), nun club gay berlinés. O home espondía ás máis definidas cánones da masculinidade, combinada cunha magnífica predisposición para o sexo anal, algo en absoluto contraditorio. 

Generated by  IJG JPEG LibraryDespois daquela noite tórrida, compartimos un café de media tarde. El chegaba dunha exposición sobre arquitectura alemana dos anos 30 e traía un catálogo que me sorprendeu: era sobre unha especie de enorme mosteiro que Hitler mandara construir para adestrar mozos no cultivo do corpo e mellorar a raza aria. E o chaval, cuarentón homologable, estaba entusiasmado por aquela épica grandiosa e espectacular do xigantismo arquitectónico en metade de frondosos bosques bávaros. Deberíamos recuperar as cousas boas do pasado, dicía… no meu cutre inglés ía entendendo a mensaxe ao tempo que decidía algo importante: nunca máis eu rozaría con pracer a saborosa boca ese tipo perigoso, por moi atractivo que fose. Hai liñas vermellas que non poden cruzarse. 

Sempre que observo a estética contemporánea e poderosa do líder de Vox lembro a aquel grizzly ao que lle petaba o cú na escuridade, baixo a música techno e arrodeados de centos de tipos que facían o mesmo ca nós, incluído o meu marido. Era un nazi do noso tempo. Viven entre nós, utilizan a iconografía con pérfida intelixencia. Son quen de rachar as ideas previas que temos sobre os vellos falanxistas. Queren gustar á xente de hoxe e fano con arrogancia. Se Vox fose un produto de mercado, non podía ter packaging mellor que Abascal, pese á súa lata de pemento ou á fervente idolatría cristiana, detalles fóra de catálogo. 

Deberíamos recuperar as cousas boas do pasado, dicía...

A terrible imaxe da Gran Vía chea de cadaleitos é unha icona actual do odio e o rancor. Para iso roubaron unha foto marabillosa da cidade deserta e compuxeron un poema desgarrado, cruel e mentireiro. Din que estamos en guerra, pois toma guerra, xoguemos forte e aproveitemos a liberdade de expresión para descerroxar unha bomba miserable sobre os lombos de cidadáns feridos e asustados. Leni Riefenstahl, a mítica directora que elevou o nazismo a arte cinematográfica deixoullelo ben claro coa súa enorme farsa: “para que esto fose comprensible sen texto, a linguaxe visual tiña que ser moi bo, moi claro. As imaxes debían dicir máis do que se falaba, pero non por iso é propaganda”. 

Non podemos defendernos desta apestosa e irrespetuosa propaganda? Como podemos combatir esa enorme amenaza contra a dignidade? Os fillos de Goebbels seguirán convertindo ao seu líder no Cid Campeador, seguirán enchendo de inmundicia as redes, compoñendo iconografías tan efectistas como os carteis nacionalsocialistas. Agardemos que continúen sen tocar Galiza, e sobre todo que non consigan facer de nós a lúa de Lole y Manuel… esa "que se aleja impotente del campo de batalla". Urxen liñas vermellas por parte de todos. De todos. Quen faga washing con Vox como o PP e C’s serán tamén unha amenaza pública. 

LILI MARLEEN. Para nos apartarmos de tanta porcallada mental escoitemos un clásico. Lili Marleen. Unha canción que trunfou entre os soldados dos dous bandos da segunda guerra e que máis tarde foi prohibida polos nazie. Poden escoitar a orixinal de Lale Andersen, ou a máis masculina de Marlene Dietrich, aquel anxo azul marabilloso. Pero recoméndolles unha versión moi decadente e brutal. A da actriz e cantante alemana Hanna Schygulla, unha enorme diva dos 80, musa de Fassbinder. Verán que marabilla.

Comentarios