Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

A banca sempre gaña, 'ne va plus'...

MEU PAI dicíame sempre que por moi seguro que estivera, non apostara nunca. Insistíame en dicir unha e outra vez que o xogo é un mal vicio, que estaba cheo de trampas e que a banca gañaba sempre, sempre, sempre. A verdade é que si tivera que apostar polo resultado das deliberacións do Tribunal Supremo, despois de tantos días de sesuda reflexión, faríao cara unha solución salomónica ou edulcorada que permitira unha saída airosa tanto para os bancos como para os usuarios. O que nunca me imaxinei era que o fixeran así, ao vivo, sen anestesia, cunha bravura inesperada. Un trágaa en toda a regra.

Os sesudos xuristas, que durante días e horas tiveron en vilo a todo o mercado hipotecario dun país provocando baixadas alarmantes nas cotizacións en bolsa dos principais bancos españois, crin que acabarían por dar coa fórmula máxica, coa cadratura do círculo para que os bancos tiveran que asumir o pagamento dos impostos sobre os actos xurídicos documentados. Tan inxenuo non son. Estaba claro que terían que apoquinar pouco eso si, pero desde logo que algo si. O sempre pensei é que habería algo de sentido común e de vergoña toureira, pero non... nada de nada. A doer!

Non sei, pensei que farían unha especie de finta xurídica para retrotraer a responsabilidade bancaria na devolución dos cartos ata 4 anos, nada máis, ou se queren vostedes a darlles cobertura a aqueles que iniciaran algún tipo de procedemento reclamatorio por este concepto ante a xustiza, que aínda sendo un absurdo, viría a arroxar unha especie de coartada sobre o que ao final se fixo dun xeito indisimulado e rozando casi o descaro absoluto.

O presitixio da Xustiza en España, e no mundo, resulta gravemente tocado cun comportamento pouco estético, en vez de dicir ético, por aquelo de que ninguén se me ofenda e acabe recurrindo aos tribunais para interpoñer unha demanda por difamación contra o que aquí suscribe

Non me extrana que moita lingua vivaracha se apurara a comentar que neste tema hou máis que palabras entre os poderes fácticos deste país e poder xudicial tentando ao longo destes 15 días de dilación de ir ablandando as conciencias necesarias para chegar a ese resultado de 15-13 aprol das teses bancarias en detrimento do dictado por sesudos xuices da sala especializada en temas fiscais que fallaran, hai días, a favor dos intereses xerais dos cidadáns hipotecados.

O presitixio da Xustiza en España, e no mundo, resulta gravemente tocado cun comportamento pouco estético, en vez de dicir ético, por aquelo de que ninguén se me ofenda e acabe recurrindo aos tribunais para interpoñer unha demanda por difamación contra o que aquí suscribe. E xa saben vostedes: «pleitos teñas e os gañes...»

Hai quen di que nesta difícil decisión recurriuse ao «comodín da chamada» e que as compañías telefónicas recibiron nalgunha que outra liña das súas señorías unha sobrecarga polas numerosas conversas que sobre este tema fóronse establecendo entre os maxistrados e os «lobbies» bancarios e financeiros que veían nunha nova resolución contraria aos intereses bancarios perdas importantes para accionistas e investidores nacionais e estranxeiros.

Non hai que esquecer o chamamento público, incluso de membros do goberno, á sensatez e ás "consecuencias" que podería traer un fallo contrario aos intereses bancarios, instalando na sociedade un conformismo preventivo por si ao final pasaba o que pasou, a modo de alivio colectivo, non fora a ser que volvera a estourar unha burbulla financeira e nos arrastrara a outro sunami económico similar ao que vimos de sufrir e do que todavía non nos recuperamos.

E como non hai mal que por ben non veña, xa saiu o presidente do goberno, Sánchez, que non Pedro, que anuncia para hoxe unha serie de medidas para que os cidadáns non volvamos a pagar ese imposto e que sexan os bancos quen, a partir de agora eso si, se fagan cargo do tema. Non estaría mal se non fora polo tufillo oportunista de Sánchez que ve agora a necesidade de artellar maior seguridade xurídica ao proceso hipotecario que non viu Pedro cando era deputado socialista, claro.

Falo de Pedro e de Sánchez porque xa saben vostedes que hai uns días a vicepresidenta Carmen Calvo nos revelou o misterio da santísima dualidade entre estes dous elementos que conforman, aparentemente, unha mesma persoa pero teñen dúas maneiras de pensar e de actuar segundo se refiran a cuestións anteriores, previas, á toma de posesión como presidente do Goberno e temas unha vez incorporado ao despacho da Moncloa...

Esperemos que esas medidas que aprobará hoxe o Consello de Ministros non se limiten a proclamar que as entidades financeiras se farán cargo, a partir de agora, de pagar o imposto sobre actos xurídicos documentados ligados á suscrición dunha hipoteca sin medidas que prevean (agás a boa vontade expresada a través da libre competencia dos bancos) que ese custe acabe repercutindo, dun xeito ou doutro, no peto dos cidadáns.

En fin, que como dicía meu pai, a banca sempre gaña e eu, seguindo os consellos do meu proxenitor, non me atrevo a volver a apostar polo que non se extranen vostedes que todo isto remate en auga de borraxas ou como dicía aquel vello croupier dun saloon do salvaxe oeste: Ne va plus, ou non?

A banca sempre gaña, 'ne va plus'...
Comentarios