Opinión

Cando cheira a chamusquina...

Moitas veces temos que recurrir aos tópicos cando queremos explicar ou referirnos a algo do que está a suceder ao noso arredor. Así dicimos que o ser humano é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra e, se falamos de economía, atreveríame incluso a dicir que é un reincidente sin remisión, deses que converten o propósito de emenda nun exercizo cotián baleiro e sen senso pola reiteración do erro cometido.

Si nos asomamos esta mañá ás portadas dos medios de comunicación escritos vemos como as súas páxinas de economía recollen con preocupación os efectos do que podemos cualificar como "un día aciago" nas principais bolsas dos países do noso entorno, cun desplome preocupante e que se sitúa nos parqués de Londres ou París en algo máis do 3% mentras que o Ibex 35 baixa xa da mítica cifra dos 9.000 puntos.

Si a este dato unímoslle as cifras do desemprego do pasado mes de setembro, que no caso de España foron negativos en casi 14.000 novas persoas que se incorporan ás oficinas do INEM facendo que se supere a cifra mítica dos 3 millóns de desempregados, estamos novamente ante un panorama cando menos preocupante sobre todo porque se dá nun momento de máxima tensión polo Brexit, de inestabilidade política, ás portas dunhas novas eleccións (as cuartas en catro anos) e coa marexada axitada no extremo oriental do país por mor da sentenza polos acontecementos do 1-O en Cataluña, que está a piques de se facer pública e cos CDR quentando motores na rúa ao son das proclamas inflamables do "molt honorable president" Quim Torra.

As predicións dos organismos reguladores e dos expertos internacionais falan de que a economía española non medrará no 2019 máis alá dos 1,9 puntos fronte aos casi 2,5 que estaban inicialmente previstos, o que ven a poñer de manifesto que estamos nun contexto internacional complicado, nun momento de tormenta perfecta, espoleado pola situación interna do país.

As predicións dos organismos reguladores e dos expertos internacionais falan de que a economía española non medrará no 2019 máis alá dos 1,9 puntos

Cando a crise de hai algo máis dunha década, falábase de que para que España volvera crear emprego non podería deixar de medrar anualmente un 2,1-2,2 puntos porcentuais e agora estamos de novo, e sin que todavía nos dera tempo a recuperarnos, ante unha nova situación de alarma económica que se confirma ao mirar cara ao goberno que, ao igual que no ano 2008, está empeñado en dicir que contamos cunha solidez e solvencia a proba de calquera zozobra ou "contaxio" internacional. Vamos, que estamos na "Champions League da economía mundial". A que lles sona a aseveración?...

E despois pasou o que pasou e aínda estamos a recoller, en bastantes sectores da nosa economía, os anacos esparexidos polo chan... crise nos asteleiros, peche da central térmica de As Pontes, o lío nas empresas electro intensivas, novas regulacións de emprego e EREs, en fin toda unha ringleira de acontecementos en fervenza da que temos experiencia e coñecemento e da que aínda non nos demos recomposto, máxime cando antes a crise veu con salarios por enriba dos mil euros e agora os mileuristas son auténticos privilexiados da nosa economía.

En fin que, coma sempre, acabamos encomendándonos a Santa Bárbara cando os tronos están xa demasiado preto e non damos aprendido dos nosos erros. Estamos vendo como se repite a mesma historia dun xeito cíclico: Crise na Arxentina, problemas políticos no Perú e en toda Iberoamérica, recesión na economía alemana, a ameaza do Brexit e un goberno na Moncloa que so pensa en continuar no poder, a calquera prezo, sen decatarse de que todos estes elementos fan que comece a cheirar demasiado a chamusquina ou, cando menos, a conminarnos a poñer as nosas barbas a remollar, ou non?

Comentarios