Opinión

Feijóo ante a encrucillada electoral de Galeusca

A DECISIÓN de Quim Torra de poñer data de caducidade á lexislatura catalá, aínda que sin fixar o momento exacto de cando se convocará aos cidadáns de Catalunya ás urnas, abre un novo panorama político que inflúe directamente no calendario electoral previsto para este ano 2020 nas outras dúas Comunidades Históricas como son País Vasco e Galicia.

Todo o mundo dá por feito que Torra tentará estirar ao máximo a súa presenza ao fronte do goberno da Generalitat condicionando tamén a súa decisión de convocar eleccións aos designios xudiciais, que penden sobre el como si dunha auténtica espada de Damocles se tratara, e que o inhabiliten para seguir exercendo como President, como determinan a sentenzas que ten na súa contra.

Por este motivo, Torra non definiu na súa comparecencia pública a data final da convocatoria electoral porque pretende chegar o máis lonxe que poida aínda que para elo teña que arranstra-lo seu mandato deixando unha estela tras de si de situacións inéditas e, en moitos casos incomprensibles, que o único que fan é tensionar o ordenamento xurídico para provocar máis inestabilidade na vida política catalá e tamén no resto do Estado.

O President condiciona esa convocatoria á aprobación dos orzamentos da Comunidade Autónoma tentando tamén manter, pola vía da simbiose e o interese mutuo, o compromiso e a unidade do secesionismo que encarna ERC e que está tamén seriamente tocado pola esquerda polas acusacións de "pactista" con Pedro Sánchez feitas polos radicais das CUP que, segundo os prognósticos demoscópicos, serán as máis beneficiadas en caso de que se celebren agora eleccións en Catalunya.

Con este panorama á volta da esquina moitos son os que miran cara ao País Vasco e Galicia para coñecer que é o que pensan facer o lehendakari Íñigo Urkullu e o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quenes a modo de tradición soen consensuar as súas respectivas convocatorias electorais para que coincidan no tempo por cuestións de estética e de eficiencia.

O certo é que con todo o panorama revolto, non só en Cataluña senón tamén no goberno do Estado, con problemas de maridaxe de programas entre o PSOE e Unidas Podemos, ademais dos affaires tipo o do ministro de Transportes, José Luis Ábalos, polo tema de Venezuela, ou a crispación que se vive no Parlamento galego con enfrontamentos cada vez máis encarnizados entre Feijóo e a oposición do PSdeG-PSOE (con acusacións de connivencia contra o BNG por ter dado o seu apoio á investidura a Pedro Sánchez a "cambio de nada" no tocante aos intereses reais de Galicia) pola débeda dos 350 millóns de euros que o goberno socialista insiste agora en que o seu cobro caducou por pasar dous anos da data de reclamación sen telos cobrado fan que os gurús e os especialistas en facer cálculos cabalísticos estean pechados estes días nos seus respectivos laboratorios para alumear, como si dun designio papal se tratara, cal é a mellor data para que os "idus" lle sexan propicios a uns ou a outros á hora de face-la convocatoria electoral.

Hai quen considera que a coincidencia nunha data temprana (non máis alá de maio) dun proceso electoral na Galeusca (Galicia, Euskadi e Catalunya) favorecería a Núñez Feijóo por aquelo de que en río revolto, gañancia de pescadores. Pero, pola contra, hainos que din que todavía non "pinchou" suficientemente o desencontro entre PSOE e Unidas Podemos para evidencia-los inconvintes dos gobernos de coalición, modelo gubernativo máis que probable no caso de ter que substituir ao PP ao fronte da Xunta, polo que debería esgota-la lexislatura e avanzar no tempo ata desenrolar tódolos asuntos comprendidos no seu programa.

Entre uns e outros téñenlle a cabeza tola a Alberto Núñez Feijóo, persoa que aínda non dixo que se ía presentar oficialmente, pero que todo o mundo dao por feito por responsabilidade do ourensán e como principal baza e activo dos populares. Pero, o presidente prefire marcalos tempos, sobre todo os relacionados coas convocatorias electorais, e non lle gusta que o atosiguen non vaia a ser que, como di o refrán, "a gata, coas presas, pariu os gatos cegos", ou non?

Comentarios