Opinión

Igualdade ante a lei e ante a Covid

Nos últimos tempos estámonos acostumando a unha especie de montaña rusa da normativa a seguir a consecuencia da evolución da pandemia nos nosos respectivos concellos e comunidades autónomas. Así pasamos de situacións de máxima restrición a outras de menor calado e así sucesivamente nunha auténtica espiral que nos leva a sentimentos encontrados e, moitas das veces, a unha especie de depresión colectiva con diferentes consecuencias para todos e cada un de nós mesmos. 

Neste contexto de responsabilidade cívica (outros falan de aborregamento colectivo) vemos como certos personaxes públicos (que deberían dar exemplo co seu comportamento) seguen a manter actividades que poderiamos considerar non “esenciais” e ata de alto risco, como pode ser manter un xantar nun restaurante (nesas comunidades autónomas onde todavía se permiten estar abertos), cando ao conxunto da cidadanía se nos pide que nos quedemos na casa e nos autoconfinemos salvo para realizar aquelas tarefas indispensables. 

Este é o caso de Dolores Delgado, fiscal xeneral do Estado e ex ministra de Xustiza do Goberno de Pedro Sánchez, quen mantivo esta fin de semana un almorzo co presidente do Real Madrid, Florentino Pérez, o ex xuiz Baltasar Garzón (a súa actual parella) e o xornalista Antonio García Ferreras. 

Pois resulta que Florentino, despois dos controis aos que se somete rutinariamente (sería tema para outro debate o motivo polo cual un presidente dun club pode realizar de xeito sistemático probas de controis mentras moitos cidadáns non teñen acceso a elas…) deu positivo por coronavirus. Segundo el mesmo confirmou, atópase ben e sen síntomas, cuestión da que nos alegramos, como non podía ser doutro xeito. 

Pero este "positivo", seguindo os protocolos marcados polas autoridades sanitarias, debería provocar automáticamente a corentena dos outros "comensais", é dicir, da fiscal xeral, do ex xuiz e do xornalista. Pero aquí vén a diferencia. Os tres son contactos directos cun positivo e, pola contra, ningún deles está a gardar a respectiva corentena porque, ao parecer, o televisivo Ferreras e o seu equipo fixeron a proba este luns para poder viaxar a Barcelona a entrevistar a Oriol Junqueras e, segundo clarexou a propia Dolores Delgado, a fiscal xeral tamén fixo unha PCR cun resultado negativo e esto "habilitaa" para proseguir coa súa vida e a súa profesión… 

E digo eu, nun momento no que se nos pide a todos extremar as precaucións e incluso autoconfinarnos, é correcto que estes personaxes públicos "queden para comer" nun restaurante?

E digo eu, nun momento no que se nos pide a todos extremar as precaucións e incluso autoconfinarnos, é correcto que estes personaxes públicos "queden para comer" nun restaurante?... segundo explicou a propia Dolores Salgado teñen a obriga de “normalizar” ao máximo posible a situación e dentro desa “normalización” inclúense almorzos con "empresarios e xornalistas". Así, tal cual. Dunha urxencia extrema… 

É dicir, por unha banda, non cumpren coa corentena dos famosos 10 días que ten que seguir calquera cidadán aínda dándolle negativa a PCR e, por outra, é "normal" quedar para xantar nun restaurante mentras o resto dos "mortais" debemos autoconfinarnos. 

E neste "devir dos acontecementos" que diría o popular espetero da serie La que se avecina, salta tamén o positivo do coñecido presentador do programa El Hormiguero, Pablo Motos, que nada máis saber que estivera en contacto cun infectado, o médico do programa fíxolle un test de antíxenos que deu negativo, según el mesmo confirmou. Pero a continuación fíxo unha PCR, que tamén lle deu negativo, tal e como anunciou nas súas redes sociais. Aínda foi máis alá e realizou un test serolóxico, que tamén tivo un resultado negativo. Pero como aínda non quedara de todo tranquilo, fixo a PCR premiun que seica é a PCR de cadena longa. 

Ao parecer esta proba pode detectar cantidades ínfimas do virus porque ten maior sensibilidade e aquí o resultado xa di, segundo el mismo anuncio, que "algo hai". En definitiva, o presentador pudo realizar catro probas nun breve espacio de tempo (alguén dirá que cos seus cartos pode facer o que lle pete e pagar tódalas probas que considere oportuno e, ao mellor, non lle falta razón…) cando algúns dos "comúns dos mortais" non ten tan doado entrar no protocolo dos asintomáticos e tense que conformar con gardar cuarentena e confinamento absoluto nas súas respectivas casas. 

En definitiva, seguimos dándolle credibilidade á vella crenza, case un mito, que di que non todo o mundo é igual ante a lei e semella que tampouco o somos ante a Covid, ou non?

Comentarios