Opinión

O conto da austeridade...

CANDO SE fala da Unión Europea eu sigo sendo escéptico por natureza. Agora resulta que o incumprimento anunciado polo goberno de Pedro Sánchez, sobre o déficit das contas españolas, teñen presuntamente a aprobación e a connivencia de Bruxelas, tal e como parecen vendernos os máximos responsables da Ecomomía do noso país. Unha de dúas, ou o tema recurrente da austeridade foi unha coartada eficaz durante a crise económica para afrontar todo tipo de recurtes e aplicacións de medidas impopulares ou nos estaban tomando o pelo.

Digo esto porque na época de Rajoy, na que se rozou o rescate dos temidos homes de negro, houbo que facer auténticos encaixes de bolillos nas distintas administracións públicas para cumprir co déficit e as directrices que dimanaban de Bruxelas. Todo esto baixo risco de intervención, ameaza constante dunha suba incontralada da famosa prima e non sei cantos máis males que nos sobrevirían como na época da Grecia clásica cando algún mortal ousaba retar ou desobedecer as indicacións e os desexos dos deuses. Había plagas para dar e tomar ou escoller calquera delas era unha auténtica maldición bíblica.

Agora, un goberno en minoría de tan so 84 deputados, cun máis que cuestionable apoio ás contas xerais a base de investimentos para Cataluña e País Basco (nada novo sobre o horizonte...) e cunha previsión á baixa do crecemento do PIB que roza xa a temible cifra do 2% (a partir de aí, segundo os economistas máis reputados estáncase a economía, non se crea emprego e incluso o existente pasa a unha situación de ameaza constante...) atrévese a presumir ante a Unión Europea de incumprimento do déficit público anunciando con alevosía vespertina uns orzamentos expansivos que moitos tildan incluso de electoralistas e non pasa nada.

Parece que de nada sirve a aqueles que respectaron as normas e os compromisos imposicións orzamentarios. Que llo digan a Núñez Feijóo e ao seu goberno que se convertiu en exemplo de austeridade e de cumprimento co déficit marcado para as comunidades autónomas desde Madrid e desde Bruxelas fronte a outros, como a Generalitat de Cataluña, sin ir máis lonxe, que se caracterizou precisamente por todo o contrario e que agora vai volver, como é habitual, a sacar tallada da súa posición política... 

Pero volvendo ao fío argumental deste artigo, ou a Rajoy llela meteron dobrada ou cando alguén lle planta cara a Europa as tornas mudan rápidamente ao igual que sucedeu co déficit francés de Macron ou a liada de Italia co seu habitual descontrol gubernativo froito da súa inestabilidade política permanente... e siguen aí e non pasa nada.

En fin, que nos atopamos na antesala do fin das políticas de austeridade e camiño de revivir outros momentos recentes na nosa historia bautizados como Plans E ou similares que acabaron por supor unha auténtica puntilla a unha das potencias económicas do momento que estaban na Champions League da economía mundial. Lémbranse?

Aquí o obxectivo está claro e pasa por crear falsas espectativas e sensacións de euforia de cara aos comicios que se aveciñan sin pensar no mañá e tomando como lema aquel vello dito latino de carpe diem. Unha visión cortopracista que ten no punto de mira ir resolvendo sobre a marcha, vivindo o momento e que o que veña detrás arree.

Non é mal plan si non fora porque o resultado xa o coñecemos, xa o vivimos non hai máis dunha década e aínda nos estamos laiando das feridas. Eche ben certo aquelo de que quen non coñece a súa historia está condeado a repetila e nós non estamos para volver a soporta-las consecuencias dunha política de fuxida cara adiante que vaia capeando o temporal en lugar de coller o touro polos cornos. Si esto segue así, vainos dar moitos quebradeiros de cabeza, ou non?

Comentarios