Opinión

O perigo de gobernar desde as redes sociais

Aplicaciones móviles, redes sociales
photo_camera Aplicaciones móviles, redes sociales

LEVAMOS DESDE desde hai algúns meses escoitando que estamos na "nova normalidade", un termo eufemístico que o mesmo sirve para definir un periodo cheo de restricións de todo tipo, a consecuencia da pandemia da Covid-19, como para explicar calquera novo fenómeno que se plantexe desde o punto de vista político asociado aos "novos tempos" e á nova política do século XXI.

Atrás quedan aqueles movementos do 11-M que, ao berro de "non nos representan", tentaban rexerar o modelo político imperante, os que preconizaban a demolición inmediata das estruturas de poder existente e de todo o sistema de representación de partidos que non estaba dando resposta ás necesidades da poboación ante os novos retos que se lle plantexaban derivados, sobre todo, doutra crise económica, a do 2008-09 e que tando dano fixo entre a poboación.

Como consecuencia destes plantexamentos foron nacendo organizacións políticas que buscaban desde a "esquerda transformadora" e desde a "dereita extrema" novos modelos partidarios que a medida que se foron desenvolvendo foron caíndo en todos e cada un dos erros que viñan criticando, pasando de alonxarse da "casta" como gato escaldado de auga fría a se converter en claros e auténticos representantes daquelo que máis rexeitaban e que máis aldraxe lles causaba.

Froito da búsqueda da "quinta esencia política" para a toma do poder comezaron a xurdir por tódalas latitudes movementos máis ou menos personalistas, fortemente lideralizados, que ían construíndo o seu ideario político en función dun populismo crecente baseado no apaixoamento das masas enfervorecidas por mensaxes permanentes e continuos verquidos sen pudor nas redes sociais.

Así, o Facebook, Twitter e Instragram foron substituíndo ás tribunas de oradores das magnas salas dos parlamentos e as tendencias políticas foron trasladándose do espazo das ideas, das propostas e da búsqueda do consenso ao lugar das ocurrencias, as falsedades e mesmo o confrontamento entre partidarios e detractores do suxeto en cuestión, sen argumentario ningún agás as simpatías persoais ou mediáticas que un líder fora levantando entre un determinado número (cantos máis mellor) de individuos.

A vara de medir para as "propostas políticas" foise estandarizando a través da pulsación nos likes como unidade de medida común e universalizadora para todos. Así en lugar de buscar axeitadas medidas de acompañamento e desenvolvemento das accións concretas para implementar as actuacións necesarias para conseguir un obxectivo, o logro e consecución deste tipo de simpatías e adhesións (likes) foise convertindo nun auténtico fin en si mesmo. Un fin efímero e inmediato, cortopracista aínda que non teña maior trascendencia e continuidade posterior.

Unha vez empoderados ou máis ven, apoltronados no poder, os novos dirixentes políticos comezan a patrimonializar as institucións como si foran da súa propiedade pasándose polo arco do triunfo non só as tradicións e o fair play político senón a mesma lei. Non era raro escoitar a algún dirixente de medio pelo dicir ao ser interpelado por algún membro da oposición sobre que algunha das súas decisións non concordaba coa lexislación establecida resposta cun lacónico "pois o que está claro é que se non é así o que hai que facer é cambiar a lei".

E así vaise "lexislando" en lugar de facelo para o interese xeral a medio e longo prazo, vaise traballando nun escenario cortopracista e en función das necesidades individuais ou grupais que ese personaxe determinado vaia necesitando. Nin que dicir ten que calquera crítica sobre o seu proceder rápidamente se intentará facer ver á cidadanía como que é un «ataque» contra a institución que dirixe ou mesmo o país, comunidade autónoma ou municipio ao que representa.

Gobernar a golpe de twit ou de publicación no facebook, moitos deles mimetizados ou convintemente disimulados como si foran os oficiais da institución á que representan, son asumidos dun xeito acrítico polo común dos mortais incluso con falsedades, auténticas fake news, que entran en vena e sen filtro previo na conciencia da xente ao asociar ao personaxe coa debida presunción de veracidade que o seu cargo lle otorga, pero que xa non representa, sen pudor algún, na práctica.

Un nivel de confusión e un elevado nivel de incultura, falta de formación e mentalidade seguidista e acrítica son caldos de cultivo inmellorables para que, pasado o tempo, se produzan fenomenos como os vividos estes días atrás no berce do modelo de democracia occidental do que se nutren os principais países avanzados do mundo.

Así, se explica a "toma do Capitolio" e a reacción de Donald Trump nas horas previas, durante e tamén nas posteriores ao asalto por moito que agora queira desvencellarse dese intento fallido de subvertir a orde constitucional e democrática vixente nos Estados Unidos e o resultado dunhas eleccións sobre as que segue dicindo, e moitísima xente crendo, que foi ilexítimo e un "auténtico roubo". Pero o caso de Donald Trump é único no mundo? Cren vostedes que o modus operandi deste multimillonario norteamericano metido a presidente dos EEUU é unha excepción? De verdade cren que non hai casos similares ao seu arredor? Si eso é así todos podemos durmir tranquilos ou, pola contra, non?

Comentarios