Opinión

Rexistra que algo queda...

HAI XA máis de 25 anos que me dedico á profesión xornalística e sin chegar a dicir que boto en falla tempos pasados, si teño que sinalar que antes as cousas nesta profesión eran doutro xeito, pode ser que nin mellor nin peor, pero a verdade é que se facían doutra maneira. Antes os ladróns eranno moitas por necesidade e agora os que rouban fanno pola súa impunidade.

En fin, lémbrome moitas veces dun amigo, Carlos Martínez Loira, Marloy, quen foi durante moitos anos fotógrafo de prensa en varios medios de comunicación da capital, e tamén da provincia, que tiña unha deformación profesional consistente en escoitar a todas horas as comunicacións entre os conductores de ambulancias e tamén os membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado. Así, sempre portaba un pequeno mancontro e tiña unha emisora na redacción (supoño que tamén outra na casa) por onde escoitaba o ruído emanado da maquinaria que engrana o poder executivo do noso país.

Daquela, era máis doado facerse cun aparato deses (normalmente conseguido de extraperlo en proveedores que tiñan contactos no estranxeiro) ante o cal pasaba horas e horas o amigo Marloy escudriñando a fontanería dos servizos de emerxencia e dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

Imaxínome escoitar no seu mancontro ás cinco ou seis da mañá algo similar a esto:

-H40 a base, H-40 a base, la operación está en marcha. Todos los operativos en movimiento dirigiéndose hacia el objetivo. Cambio.

-Recibido, H-40 procedan según las órdenes recibidas de la autoridad judicial y diríjanse de inmediato a registrar los domicilios indicados para recoger pruebas que puedan resultar incriminatorias siguiendo las indicaciones del juez. Cambio y cierro.

Como si dunha patrulla máis se tratara, o automóbil de Marloy voaría ao estilo Starsky e Hutch ou Corrución en Miami surcando as céntricas rúas da capital dirixíndose de maneira frenética, raudo e veloz, á caza dunha exclusiva

Nese momento o meu amigo Marloy abandonaría, seguramente, o seu estado de durme-vela para dar un chimpo sobre a cama e incorporarse de súpeto para pegar a súa orella ao inseparable mancontro, ao tempo que se estaría vestindo tratando de adiviñar onde podería estar sucedendo este operativo co fin de cumprir co seu deber como fotoxornalista e obter testemuña gráfica do que estivera acontecendo.

Así, si esto sucedera nos tempos de Marloy a súa primeira intención sería dirixirse aos focos conflictivos da cidade, a zona do Vao ou nos arredores periferícos da Avenida de Vigo ou, incluso, o antigo barrio da Moureira. En definitiva, onde pudera concentrarse, presuntamente, nalqueles anos os focos de conflictividade para a seguridade cidadá.

Como si dunha patrulla máis se tratara, o automóbil de Marloy voaría ao estilo Starsky e Hutch ou Corrución en Miami surcando as céntricas rúas da capital dirixíndose de maneira frenética, raudo e veloz, á caza dunha exclusiva sobre unha operación antidroga ou quizais relacionada coa localización dun piso franco da banda terrorista ETA ou os temidos Grapo que tamén fixeron das súas en Pontevedra.

A súa búsqueda iría presidida por uns ollos abertos como pratos e unha atención inusitada concentrada en detectar entre ruidos e interferencias o destino dos H-40, H-50 ou os que foran mobilizados nunha misión ao amencer a cal prometía rematar co desmantelamento ou coa pillada in fraganti dos membros máis perigosos de calquera banda de malfeitores.

Nembargantes, si eso ocurrira nestes días, e o amigo Marloy fora quen de facerse cun novo mancontro con sistemas GPS de descodificación, triangulación de posición e localización de obxectivos seguro que a alerta policial o levaría ata a casa dun Jordi Pujol Ferrusola acusado de branquear millóns de euros en paraísos fiscais e que tería, como no caso do fillo do ex president da Generalitat arredor dun lustro para desfacerse de calquera proba incriminatoria antes de que a autoridade xudicial dera o pistoletazo de saída para a intervención dos membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

Aínda así, Marloy chegaría, como sempre, ao lugar dos feitos e, coa confianza que o caracterizaba e a súa retranca, diríalle ao primeiro policía ou garda civil que lle impedira o paso: "Bueno carallo, bueno. A boas horas. Rexistrade, rexistrade o que queirades que seguro que algo queda..." ou non?.

Comentarios