Opinión

En que fallamos?

NAS ÚLTIMAS semanas o centro de Lugo foi escenario de tres liortas entre mozas de 15 a 17 anos. En dúas chegou o sangue o río e na terceira non, grazas a intervención disuasoria da Policía Local, alertada pola expectación existente. No primeiro caso dúas mozas déronlle
patadas e labazadas a outra. Unha amiga desta tomouse a xustiza pola súa man e na segunda cita propinoulle na cara unha cabezada e unha puñada a unha das agresoras iniciais. E a terceira, concertada polas redes sociais, viuse frustrada. Días despois, durante o Entroido, dous rapaces deixáronlle a cara bonita a outro de 15 anos por non darlles dous euros. En que fallamos os pais?

Comentarios