Opinión

Leccións infantís esquecidas

OS NENOS da Transición medramos co ‘Más vale prevenir’ de Sánchez Ocaña e ‘La segunda oportunidad’ de Paco Costas. Case trinta anos despois parece que as súas leccións de pouco nos serviron. Seguemos cometendo excesos na mesa e nas estradas. Lembro que o condutor da serie de motor repetía que o home é o único animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra. E quedábase curto. O informe da concesionaria da ITV en Galicia de que na provincia de Lugo un de cada catro vehículos, case 60.000, entraña un risco para a seguridade vial porque circula con defectos graves ou moi graves evidencia o descoidados e incívicos que somos.

Comentarios