Opinión

O turismo de vacina

COIDO QUE é innovadora a política da Xunta para promocionar o turismo no rural e cara o norte de Portugal. Nas cidades hai unha interminable lista de espera para facerse coa vacina contra a meninxite B, así que o camiño máis curto que teñen os pais para acadala co fin de subministrala aos seus fillos máis pequenos é subirse ao coche e desprazarse ata unha botica dun pobo ou dun país veciño para adquirila. Eu son un deses centos de galegos insolidarios que en vez de facer turismo de vacina soplou a vela da tarta ao cumprir un ano de espera por ese cobizado medicamento. Como sempre a culpa non é da Administración, senón do administrado.

Comentarios