Opinión

Onde son as eleccións?

NUN PAÍS con máis de catro millóns de parados, no que un de cada cinco cidadáns vive por debaixo do umbral da pobreza e no que a corrupción chega ata a medula das institucións resulta que o partido da precampaña electoral estase a xogar interesadamente en Venezuela. Está ben que os políticos lembren aos seus compatriotas que un día buscaron na diáspora o futuro que non tiñan en España, especialmente os galegos. Pero tampouco estaría de máis que lembrasen cara o 26-X a recua de problemas domésticos que temos.

Comentarios