Opinión

Un pouquiño de seriedade, por favor

ESCOITAMOS ata a saciedade as bondades da internacionalización para saír da crise. En cambio condenamos socialmente a políticos, empresarios, artistas, deportistas... que, adiantados a súa época, exportaron os seus ingresos e tributos a paraísos fiscais. Oímos que Facenda somos todos, pero metemos na cadea a un exbanqueiro cando, patriota el, trae os millóns de euros que tiña por aí espallados. Que exemplo pode ser ese para outros desinteresados contribuíntes que pensaran seguir os seus pasos? E non entendemos o acto de contrición dun ministro ao que lle medraba o nariz cada vez que abría a boca. Un pouquiño de seriedade, por favor.

Comentarios