Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

Unha herdanza envelenada

ÁS VECES Lara Méndez lémbrame ao célebre Pazos de ‘Airbag’, interpretado por Manuel Manquiña, cando lle di por teléfono a súa dona ‘Carmiña, deixou isto, que é moi estresante. Interesante non! Estresante!’. Iso débeo pensar a alcaldesa de Lugo cada vez que sofre unha labazada por mor da herdanza envelenada que lle deixou o seu predecesor, López Orozco. O Garañón; as concesións da Ora, o guindastre ou a fábrica da luz e os problemas de persoal son uns poucos exemplos dese sombrío pasado. Esta semana a rexidora local colleu folgos cando a xustiza avalou o plan urbanístico (PXOM), a diferenza do que lle ocurriu a Vigo e Ourense.

Unha herdanza envelenada
Comentarios