Belén López
Belén López

Os tres de 'Fariña'

Xúlio Abonjo, Xosé Manuel Esperante e Miro Magariños son os actores vinculados a Pontevedra que participan na serie baseada no libro de Nacho Carretero, o fenómeno televisivo do ano

O gran renovador

PERFIL ► Herdeiro recoñecido da vangarda histórica, o autor, que formou parte de Atlántica, entrou na Real Academia das Belas Artes en 2005

Arte que flota na Illa do Covo

O encontro de creación e natureza Fluíndo no Lérez deixa a pegada de 17 autores na Xunqueira PEQUENAS CIDADES de rañaceos para formigas. Libros colgados sobre o río Lérez. Un camafeo ensertado no tronco dun eucalipto. Coroas colgadas nas alambradas. Ósos e caveiras feitos con cal e madeira. Teas de arañas xigantes feitas con fíos. Son obras de arte. Algunhas...
O actor e dramaturgo pontevedrés Borja Fernández

'Salvador': teatro verité

O pontevedrés Borja Fernández leva ao escenario a peripecia vital do seu avo paterno O avó de Borja Fernández (Salcedo, Pontevedra, 1977), Benito Fernandes Meirinho, emigrou a Brasil a mediados dos século pasado. Nunca regresou nin volveu manter contacto coa súa familia galega. Ao outro lado do Atlántico iniciou unha nova vida. Aquí ficou convertido nunha pantasma. É...

Cancións que son mantras

O músico Ángel Pardal, afincado en Pontevedra, debuta co disco ' Coriqui ' "CADA CANCIÓN é como un mantra", di Ángel Pardal (Padrón, 1985). O músico, afincado en Pontevedra, vén de publicar o seu primeiro disco, Coriqui , un traballo de música electrónica "que bebe tanto da música tradicional galega como da cumbia", co seu alter ego musical Pandoé. "Cando estaba no...

Lamazares volve ao Courel

María Díaz (About Art) é a comisaria da exposición ' Flor Novoneyra ' no Gaiás "QUERO QUE o meu testamento pictórico sexa Flor Novoneyra porque coma el penso que a Terra aínda é nova e que todo o importante que temos que dicir xa o dixo ela", di Antón Lamazares. O creador de Lalín protagoniza unha das grandes exposicións do ano en Galicia, un proxecto a través...

Proxecto Pacheco

O PROXECTO colaborativo de ilustración Un rolo de papel continuo poderase ver na sede de Afundación na Coruña entre o 17 de xullo e o 27 de agosto e na sede de Vigo entre o 7 e o 28 de setembro. Pero foi na Sala X, da facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde naceu esta proposta. Fíxoo, a principios de ano, da man da profesora Susana Cendán, comisaria dunha iniciativa...
O cociñeiro Xosé Torres Cannas traballando na cociña do seu restaurante Pepe Vieira

Cannas, punto é á parte

As primeiras veces de Xosé Torres Cannas (Vigo, 1973) na cociña teñen que ver coa súa infancia. Os dous pais traballaban, así que a nai deixaba a comida a medio preparar para que el, ao chegar á casa, rematase de facela e comese. "Supoño que si, que ese foi o meu primeiro contacto ". Hoxe é un dos doce cociñeiros galegos que ten unha estrela Michelin. Fundador do Grupo Nove...
Suso Novás (esquerda) e Ángel Santos presentándolles aos estudantes a proxección de ‘En construcción’ en Pontevedra

Godard no plan de estudos

O festival Novos Cinemas achega a obra de directores como Guerin a alumnos de Secundaria Coñecerán a Jean-Luc Godard . Fabricarán un zootropo. Verán películas sen efectos especiais. Descubrirán un cinema moi afastado de Transformers 5 . "Hai algo moi emocionante e moi forte no que é o traballo con rapaces", di o cineasta Ángel Santos . "Porque, a pesar de que esta...
Cora Velasco, 'Cora Sayers'

Cora! Cora! Cora!

A cantante e actriz pontevedresa Cora Sayers embárcase pola súa conta ninha xira por Europa O DÍA que morreu Antonio Vega , Cora Sayers (no DNI Cora Velasco) colleu un autobús a Madrid coa súa nai. Para levarlle flores. Hoxe ensina o nome do cantante e compositor tatuado nun brazo. É un dos capítulos vitais cos que Cora Sayers (Pontevedra, 1991) se vai retratando....

É a nosa Frida Kahlo

"É UNHA número un". Os pontevedreses Carlos Taboada (ilustrador) e Enrique Mauricio (narrador) falan de Maruja Mallo, a protagonista do segundo volume de Mulleres galegas , a colección de biografías dirixidas a nenos que Taboada (xunto a Joanna Lorenzo) autoedita co seu selo, Lela Edicións. O sábado presentaron o libro en Pontevedra e en Bueu. Pola mañá no Museo, nun acto...
Javier González no 'outro' Salcedo (Pobra do Brollón, Lugo)

Do outro Salcedo

A 176 kilómetros da parroquia pontevedresa hai outra que presume do teatro do seu Entroido SEGUNDO O nomenclátor oficial da Xunta, en Galicia hai dúas parroquias que levan o nome de Salcedo. Unha está en Pontevedra. A outra na Pobra do Brollón (Lugo). Na de Pontevedra celebraron este sábado Entroido. É tradición facelo así, tarde. Teñen desfile e Enterro do Pichinela,...

Viñetas sobre elas

Os premios Virxinia Pereira recoñecen un cómic que revisa a figura de Penélope PENÉLOPE AGARDABA por Ulises . En Ítaca. Ao longo de 20 anos. Así o deixou escrito Homero . A dela non é unha figura demasiado importante nesa historia épica de aventuras protagonizada polo seu home. Como case todas. Ela queda na casa. Punto. Tece e rexeita pretendentes. Punto. Non...
Paula Bernárdez e Andrea Lago, xunto á obra 'A campesiña', de Elvira Santiso

"A arte non é inocente"

A campesiña, de Elvira Santiso, é un dos cadros nos que se detén o percorrido Ocultas trala representación: a imaxe da muller na arte , que desenvolve o Museo de Pontevedra (mercores, xoves e o venres, 18.00 horas, acceso libre) aproveitando a conmemoración do Día da Muller. "A través desta peza achegámonos á figura da muller artista, á dificultade que tiña para formarse e...
Adrián Solla fronte ao piano da cafetería San Francisco, na Praza da Ferrería

Vivir para tocalo

BARCELONA, MADRID, Vigo (31 de marzo), Berlín e outras 17 cidades en Alemania, Echternach (Luxemburgo) e París son algunhas das paradas da xira deste ano de Brothers in Band, banda tributo dos británicos Dire Straits. "Estaban tocando Why Aye Man  e teño que dicir que pensei que era unha gravación nosa", dixo en certa ocasión Guy Fletcher , o teclista orixinal do...
Entrada dos almacéns Clarita na Ferrería

O roteiro das mulleres

DOS ALMACÉNS  Clarita á casa na que viviu Concepción Arenal , existe unha historia alternativa de Pontevedra, que María Xesús López Escudeiro reivindica a través dun roteiro que leva guiando pola cidade dende o ano 2015. "O proxecto está enmarcado no programa A memoria das mulleres , do Concello", explica López Escudeiro. Naceu a raíz da exposición Do gris ao...

Músicos 'primordiais'

Marcelo Dobode (esquerda) e Luis Martíns tocando no seu sofá, á beira do río, en Aranza (Soutomaior) Foron co sofá da súa casa dun lado para o outro. Colocárono en diferentes espazos de Soutomaior, Vilaboa e Redondela e deixáronse gravar polo realizador Raúl Moril . "A verdade é que foi un chollo . Toda unha aventura. Pero queriamos aproveitar este videoclip para...

Principios activos no escenario

Carlos Otero, Loli Ruadas, Rosalina Gómez e Begoña Baquero, de esquerda a dereita, esta semana en Pontevedra A culpa foi de Germán Gamallo . Rosalina Gómez (celadora), Begoña Baquero (enfermeira) e Chus León (administrativa), todas elas traballadoras do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), fundaron no ano 2015 o grupo de teatro Genéricos...
David Fidalgo Omil

Los días dibujados de Delafé

Hay días que me cuesta hasta respirar. Hay días que salir de la cama es una hazaña EL TEMA Días y días es el último videoclip que ha lanzado Delafé, o lo que es lo mismo, el proyecto musical que mantiene vivo Óscar D'Aniello junto a Dani Acedo . La canción está incluida en La fuerza irresistible (Warner 2016), el último disco del grupo antes conocido como...

Ratos de biblioteca

LIN MOBY Dick moi tarde. É unha lectura para mozos que chegou a min de adulto. Agora é a miña novela favorita", conta José Javier Fernández . "Gústanme os personaxes, gústame a trama. Non é unha novela de aventuras convencional, ten moita máis profundidade. Por iso penso que se converteu nun clásico", segue explicando. "Lina ademais cando vivía preto do mar e iso...
O grovense Daniel Abalo traballando na animación de 'Frankenweenie', de Tim Burton

Ninguén quere ser animador de maior

A película de animación Anomalisa , de Charlie Kaufman , vén de ser escollida polo xornal británico The Guardian mellor filme do ano 2016. Por enriba de títulos como O fillo de Saúl (Oscar á mellor película de fala non inglesa e Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes) ou Lume no mar (documental gañador do Oso de Ouro no Festival de Berlín). Proxecto realizado coa...
Rafael Carballo, Modesto Parcero y Teresa Carballo, Piter, Ralph y Tery, en el bar Parvadas

Reanimados y redibujados

A propiarse del Gimme the power , de Molotov, para cambiar el estribillo aquel de Dame, dame, dame, dame todo el power/ para que te demos en la madre./ Gimme, gimme, gimme, gimme todo el poder/ so I can come around to joder por Dame, dame, dame, dame tu voluntad,/ para que podamos olvidarla./ Dame, dame, dame, dame el dulce voto/ y me lo paso por el escroto . En...

Corvos guerreiros

NON É sinxelo xogar a Infinity. «Se me poño contigo 15 minutos, podería explicarche o fundamental para comezar a xogar. Pero non, non é sinxelo. É un xogo ao que definitivamente tes que querer xogar con ganas, poñer da túa parte, porque esixe un coñecemento previo do regulamento e concentración», conta Gutier Lusquiños (Vigo, 1977). Afincado en Pontevedra dende cativo e...