Lunes. 22.10.2018 |
El tiempo
Lunes. 22.10.2018
El tiempo

A obra do mestre / Doce fulgor

A obra do mestre Luís e Fidel eran dous mozos que traballaban cun vello canteiro. Levaban xa cinco anos e estaban moi satisfeitos co que facían. Cada día acudían ao seu taller e el íalles...

Riscos na auga / Porvir

Riscos na auga Podrece o corazón no silencio de cada noite, abouxado polas lembranzas de ilusorias vivencias, falsas todas elas como a luz da lúa e amparadas polos escintileos duns pérfidos...

Verdún, 1916 / A liberdade

Verdún, 1916 O coronel Carl pechou o gas da lámpada, quitou as botas, embreadas de lama, e meteuse traballosamente no saco. Estaba exhausto e os seus homes necesitaban un descanso. A lúa...

Insomnio / Ele

Insomnio En pixama, os ollos afundidos e pequenos. Arrastrando un aceno de total desacougo. Hoxe a vida non foi doada. Métome na cama: sabas de lixa, colchón de pedra de mar....

Unha función equivocada / A odisea de esper

Unha función equivocada A quel cisne de mirada perdida non era capaz de alzar o voo, quizais por caer na súa propia trampa que o sentenciou naquel triste destino, ancorado nun pequeno mundo...

Xisco / Barbie

Xisco Mal sabía el que medrar sería o peor que lle podería pasar. Quizais era mellor así, vivir na ignorancia. Aínda era novo, case acababa de nacer. Os seus pais, pola contra, xa tiñan os...

O banco da alameda / O alpinista

O banco da alameda Os bancos roídos que enchen as alamedas distinguen as persoas. Para quen vai de visita, un é igualiño ao outro. E ese, a todos os demais. Iso non ocorre con quen chega de...

Pisco / A nena viaxeira

Pisco EU son Pisco, un paporrubio sinxelo. Vivo na eira dun colexio do Sol do Condado. O meu lar é un piñeiro alto que está no patio da escola. As súas pólas dispóñense coma pisos dun enorme...

O imperativo da cortesía / O número 90

O imperativo da cortesía GAELA, a piques xa de chegar ao seu destino, esculcaba pola fiestra, mente perdida e ollada errante. Ergueu a testa ao escoitar o rinchar das portas do autobús,...

O faro / Valente campión. Campión valente

O faro O faro pendía do ceo cun fío invisible de dignidade e enteireza. A brisa mesturábase nun cóctel co aroma do mar e a herba. Xuntos os tres, suavizaban a dura base granítica da costa....

Xaneiro / Por amor á arte

Xaneiro Como lembrarei estes días? O terceiro andar é unha dimensión paralela á vida que vexo máis aló das ventás. Deste lado sempre a mesma atmosfera, a mesma luz, o mesmo cheiro. Un...

Precipicio / Unha excursión ao campo

Precipicio Frío. Baleiro. A morfi na percorre o antebrazo, as veas xéanse, e sinto o familiar proído. Agora estou deitada na area. Algo me fai cóxegas nas puntas dos pés, e un banco de peixes...

Plástico sobado / Misión nocturna

Plástico sobado Pa conduce coma un tolo. Ma e el pelexaron; non me acordo de por que. Pa baixa pola rúa e xira bruscamente na rotonda. O meu corpo sae disparado cara á porta. Pouco máis e...

Solta a melena / Preciso respirar non afogar

Solta a melena ESCURO E  húmido, así era o faiado que ocupaba William para espiollar as perrucas que o seu xefe roubaba nas rúas. Dende 1900, un par de anos atrás, coñecía a ese...

Elos / A praia dos cristais

Elos 6.30. O espertador soaba sempre a esa hora, todos os días do ano sen excepcións. O almorzo, media hora máis tarde. Ata o mediodía adoitaba ocuparse no xardín, ou se cadra limpando e...

Que susto! / Guerra

Que susto! Aínda era noite cando ía saír da casa. Mireime unha vez máis no espello para colocar ben a mochila e abrín a porta. Fóra ía frío e unha néboa espesa envolvía todo. Aínda que era un...

Os buratos dos Fornelos / O espellismo

Os buratos dos Fornelos Aquela mañá erguinme cedo para ir pasear o can. Mercara unha casiña no Cunchido de Arriba, no Morrazo. Estaba afacéndome ao contorno. Aproveitei para saír a dar...

A excursión do bicho bóla / Ata o luscofusco

A excursión do bicho bóla Esta é a historia do bicho bóla, coñecido no seu montículo de area. Todo ocorreu cando decidiu saír de viaxe. O día seguinte de imaxinala como a viaxe do ano,...

Miña nai... onde está? / Na fronte

Miña nai... onde está? Non a atopo, non sei onde está, estou con moita xente, pero síntome só. Todos levan caras tristes. Levanto a cabeza para atopar rostros de complicidade, pero todos...

Esmagada / Baixo presión

Esmagada ABRÍN OS ollos. Estaba todo escuro. Doíame moito o costado, coma se me pisasen 20 000 persoas descalzas, facendo forza cara abaixo. Sentía un material rugoso e frío no lateral...

O ascensor dos meus soños / Recordos esquecidos

O ascensor dos meus soños O que parecía que ía ser un día como outro calquera converteuse nunha xornada dunha vivencia desconcertante. O meu espertador soou, como de costume, ás nove da...

Volver/ A noite da regresión

Volver As candeas alumeaban todo Vigo nesa noite escura. Dende o ceo case non sentía o ambiente festivo da zona vella, só unha tranquilidade que cubría toda a cidade. Ascendín por un tobogán...

Lémbrote / É amor ou mentira?

Lémbrote Lémbrote. Lembro aquel curso no que te coñecín. Só eramos cativos, pero algo de min sabía que tiñas algo especial. Lembro aqueles anos xuntos na primaria. Lembro cando discutira cos...

As campás da morte / A vellez

AS CAMPÁS DA MORTE Ninguén sabe se está vivo ou morto, porque nunca chegamos a atopar o corpo. O que si se sabe, estea onde estea, é que non ten motivos para descansar en paz. A verdade é que...

Senlleira / Escuridade

Senlleira Alí estaba ela, abandonada, soa naquela cidade que a fixo sentirse valiosa e amada. O que fora o seu fogar xa non era máis ca un lugar atestado de casas e edificios. Atopábase nun...

Aperta de lembranzas / A necroloxía

Aperta de lembranzas Espertei entre suores fríos nunha cama descoñecida. O cuarto era moi bonito: paredes azul claro e cortinas brancas entrepechas, que deixaban pasar un chisco de...

Dreams / Home de cristal

Dreams Era noite de saír. Gañei unha cachimba nunha das discotecas da vila e decidín compartila coas miñas mellores amigas. Eran xa ben pasadas as doce e media da noite cando xa lle pillamos...