Hai palabras que nos labios dalgunhas persoas soan a blasfemia, por exemplo, liberdade. Non na de Iqbal Masih, tiroteado en 1995, sen facer aínda os 13 anos. Hoxe tería 35 e o mundo sería máis...
Leve ou non o nome deste grupo musical o novo auditorio de Lugo; recórdeno ou esquézano os que han vir, Fuxan os Ventos é xa patrimonio cultural de todos os galegos e galegas. Por iso vivirá na...
Enrique Santos Discépolo (1901-1951), autor do célebre tango Cambalache , morreu antes de que existisen internet e outros milagres da (in)comunicación, por iso non chegou a saber até que...
Eran os primeiros 70 do século pasado. Artes Aplicadas iniciaba a súa andaina en Lugo e, mentres non se remataba o edificio, instalouse na Escola de Peritos Agrícolas. Ademais do ensino regrado,...
A razón pola que hoxe se celebra o Día Internacional do Carpinteiro e do Artesán é doada de intuír. A Biblia di que San Xosé era artesán. Podería ser canteiro, alfareme ou calquera outro...
Hai xa ben anos fun dar unha charla por mor do 8 de marzo a unha vila costeira da Coruña. O salón de actos estaba cheo, sobre todo de mulleres, mais tamén había un número non desprezábel de homes....
HAI PLEONASMO ou redundancia no título deste artigo, un verso da brasileira Ana Cristina Cesar. A esta figura retórica engádeselle outra, o epíteto, ese adxectivo innecesario, mollada ,...
É UNHA constante histórica xulgar negativamente a xuventude. Hai abundancia de textos que o demostran. A título de exemplo, vexan este que seguramente xa coñecerán: "A xuventude de hoxe ama o...
Advirte o refrán que non se poden pillar troitas coas bragas enxoitas. Refírese aos calzóns até o xeonllo que levaban os homes. Medrei escoitando dicir que tiña un xenio bragado polas miñas...
CON FRECUENCIA a vida non fai xustiza aos seus heroes, sobre todo se son heroínas. A recuperación da memoria de mulleres que fixeron grandes achegas á humanidade é unha conquista do...
ESTA HISTORIA xa a contei noutro ton e lugar hai máis de nove anos. Á luz de todo o que se está a coñecer desde que a familia Franco se viu obrigada a devolver a propiedade de Meirás, paréceme...
O que custan sábeno eles, os que fan verdadeiras as palabras de Antonio Machado: "Todo necio confunde valor y precio". Mais, mesmo niso, erran. O prezo é moito máis alto que o aforro -se é que o...
Aínda que isto aconteceu hai poucos días, non recordo o seu nome, se é que o era aquel co que asinaba o escrito que tiña á beira. Nel pedía axuda para pagar o cuarto da pensión. O nome que...
PASARON 52 anos desde que, estando en Salamanca, me tiven que travestir para facer o papel do protagonista dunha comedia dos irmáns Álvarez Quintero, Mañana de sol . Tocárame ser o vello que,...
Na frase latina carpe diem o verbo é imperativo de carpere . O significado da expresión, non traducida literalmente, é "aproveita o momento". Trataríase, logo, de non procrastinar e...
Máis veces, por estas datas, teño recordado o noso grande fabulador, Álvaro Cunqueiro, verbo da súa querenza pola corporeidade dos anos. Ben se sabe que gustaba de facer citas apócrifas e non...
SE CADRA son algo masoquista. Acudo ás veces ao dicionario elaborado pola máxima —en teoría— autoridade lingüística da nosa nación. Fágoo e bato coa crúa realidade. Cal? A do entusiasmo que poñen...
POUCAS MÚSICAS teñen o poder de nos transportar ao territorio da nostalxia como Kothbiro , a canción popular recreada e cantada polo queniano Ayub Ogada, falecido en 2019. O compositor...
A segunda novela da popular triloxía Millenium é A rapaza que soñaba cun bidón de gasolina e un misto. Así se perfilan no noso horizonte sombras a xogar con lume a carón de...
UNHA DAS palabras polisémicas máis rendíbeis é "banco". Isto, por dous motivos. Dunha banda, porque ten oito significados para un só significante. Velaí: asento; mesa dotada con diversos...
Segundo o dicionario da Real Academia Galega, o nirvana é o estado de felicidade suprema que, conforme a crenza budista, experimenta quen se libera de todo tipo de ataduras corporais e se conduce...
Como saben, foi Rainer María Rilke, o poeta que morreu a causa da espiñada dunha rosa, quen escribiu que a verdadeira patria do home é a infancia (Do home porque, como é sabido, daquela as...
XA NON SE di que, se se acatarra a General Motors, o mundo enteiro espirra. Mais os USA seguen a ser a primeira economía da terra e por iso as súas políticas transcenden as fronteiras. No momento...
Afirmou Racine, o dramaturgo neoclásico francés, que non hai segredo que o tempo non revele. Pola súa parte o irlandés Bernard Shaw (1856-1950), tamén dramaturgo amais de xornalista, consideraba...
Moitas persoas confesan seren incapaces de ler e comprender a poesía. O segundo é consecuencia do primeiro porque, se leren, a propia poesía —esa mestra sen ira que dixera Luís Pimentel— lles...
Seica unha rapaza dunha vila galega preferiu morrer antes que soportar o acoso continuo ao que a sometían no instituto e mais nas redes sociais. Xa sufrira bullying noutros dous centros...
Seguro que sabía John Lennon, quen por morrer asasinado hai 40 anos non celebra os 80, que o mundo estaba sumido na II Guerra Mundial no momento de el nacer en Liverpool. Tal vez escoitara...
A UNESCO, en 1975, estabeleceu o 1 de outubro como Día Internacional da Música. Foi idea do grande violinista e director de orquestra Yehudi Menuhin. Con esta iniciativa preténdese, ademais...
OS VAGALUMES ou lucecús son moi pudorosos, só se aparean coa luz apagada. Falo da exterior, non da que eles emiten. Non tomen ao pé da letra o que digo, mais o certo é que a contaminación lumínica...