Opinión

A semana cervantina

O mundo é tan grande e tan pequeno, a súa vez, que cada cousa que se fai aquí coñecese aló, sexa onde sexa aló no tempo e no espacio, máis hoxendia, onde expansión das novas transmítense por todo o universo. A universalidade é indisoluble á figura de Miguel de Cervantes Saavedra. Esquecido e vapuleado en vida constitúe a grande referencia española. A Real Academia Española, RAE, celebra en Madrid a semana cervantina do 19 ao 24 deste mes. Presentacións de libro, Santiago Muñoz Machado, conversará co escritor, académico e premio Nobel de Literatura, Mario Vargas Llosa sobre a figura cervantina que servirá para dar a coñecer a obra de Muñoz recen saída do prelo, Cervantes. Iso acontecerá o día 19 como preludio da xornada do día seguinte que estará cuberta por ilustres cervantinos e académicos que analizarán a figura do manco universal desde diferentes eidos. É unha semana chea de eventos onde non faltará a tradición da misa oficiada polo arcebispo Carlos Osoro, na súa lembranza, na iglesia das trinitarias onde se presume que está enterrado e onde está a sé da empresa do monfortino, José Luis Pardo, que ten a ben non presumir de nada para así pasar o máis desapercibido posible. Editor, filántropo, preñado de galeguidade, exercendo como tal, tanto na capital de España como en calquera lugar do mundo.

César Brandariz, investigador de raíces galegas afincado en Madrid, é autor da publicación xa nomeada aquí noutras ocasións, El hombre que hablaba difícil, editado por Ézaro, ademais de Cervantes Codificado, Editorial Martínez Roca, Planeta 2005. Brandariz realiza unha análise detallada da lingua auténtica de Miguel de Cervantes, semioculta nas adaptacións do século XIX, "recuperada, en parte, grazas a dixitalización, cuxa peculiar fonética, morfoloxía e sintaxe ilustra a súa auténtica procedencia". Inclúe o investigador os instrumentos musicais que aparecen nas súas obras, os apelidos, analiza a concordancia entre a flora e a fauna, referencias xeográficas e itinerarios de El Quijote cotexándoos cos de La Mancha e coas rutas da arriería, trashumancia e peregrinaxase a Compostela. E curioso o dato que aporta sobre os muíños de vento, afirmando que o primeiro destes que se instalou na Mancha foi no ano 1575 por necesidade do exército para "paliar unha enorme sequía" mentres que no noroeste español xa existían facía dous séculos.

Brandariz, a partires destes datos afirma que o fidalgo nace na aldea de Cervantes, nas montañas de Sanabria e non en Alcalá de Henares e conclúe que a maior parte dos episodios acontecen, con nomes cambiados, entre Sanabria e Benavente e non na Mancha da que usa os seus topónimos para despistar. Reconfirma a orixe hebrea da súa familia protexida polos condes de Benavente, considerados da nobreza galega, ao pertencer esta localidade a provincia de Ourense e considera que o comezo do Quixote, "En un lugar de la Mancha de cuyo nombre no quiero acordarme", fai referencia a esa procedencia.

Desto non se falara das xornadas da RAE, claro. Da súa galeguidade.

Comentarios