miércoles. 25.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 25.05.2022
El tiempo

O Cercle d’Economía e a política feijoniana

Celebrábase a semana pasada a XXXVII reunión anual do Cercle d’Economia de Barcelona onde a foto máis insistente foi o encontro, agardando pola presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen, de Pere Aragonés e Pedro Sánchez, dous Pedros, en pleno proceso do caso Pegasus. Parece ser que quedaron en verse para seguir falando das cabezas a rodar, aínda que tódalas miradas levan a Margarita Robles xa que Marlaska anda de esguello; baixo ameaza de retirar os apoios necesarios para a continuidade da lexislatura. Nada novo nun nacionalismo que non deixa a confrontación cun goberno sustentado nunha perigosa xeometría variable obrigando a camiñar polo fío da navalla constantemente, mentres sigan tendo o apoio electoral para contar con escanos en Madrid, nas dúas cámaras. Alí, Feijóo, un dos convidados súmase ó criterio de Esquerra Republicana e solicita adianto de eleccións e fala do "catalanismo cordial" mesturado coas receitas económicas que remitiu ao goberno. O dos Peares realmente, o que máis lle pode interesar é que se siga vivindo nesta situación disfuncional entre Unidas Podemos e o PSOE, é dicir, entre uns socios de goberno que solicitan o cese da ministra de defensa compartindo con ela consello de ministros. Son goberno e oposición a un mesmo tempo. Un modelo dual estraño e incompatible coa lealdade institucional, ferida polos dous socios, tal como aconteceu no caso de Marrocos, inda que Iolanda Díaz reclame senso de estado ós seus ou ós que parece que son os seus. A actualidade ven marcada pola guerra en Europa, por uns prezos dos materiais inflamados, por unha inflación desbordada, por unha falta de suministros que asfixia a produción e por China cunha parte importante da súa poboación confinada provocando a paralización de portos como Shanghai, funcionando a menos do cincuenta por cento da súa operatividade. A ninguén se lle escapa que o caldo de cultivo mencionado é a circunstancia natural para que os extremismos medren, manifestado polo seu rexeitamento ao sistema. Os partidos constitucionalistas diante desta situación deberían traballar estratexias que permita reconducir a política partidista a política de estado por riba de siglas e intereses propios. Estamos inmersos nun territorio inexplorado e non contamos con mapas ou guías que nos permitan consultar a ruta a seguir polo que o concurso de todos faise, non sómente obrigado; se non necesario para monitorizar un país con problemas serios, tales como a débeda e o mantemento dos servizos fundamentais, que non foron outorgados; se non conquistados. Que Feijóo reclame, desde Barcelona aproveitando a resonancia da reunión do Cercle, a celebración de eleccións logo de falar de apoios a gobernanza, que da a entender o PSOE non acepta, non deixa de ser unha pose para gañar un auditorio contrario a política do PP e o deseño dunha estratexia pensada máis como revulsivo noticiable que de home de estado.

Un ex-presidente dunha autonomía histórica debería explicar a relación con Europa, o modelo autonómico, industrial e económico e o seu con Vox.

O Cercle d’Economía e a política feijoniana
Comentarios