Opinión

Competitividade turística

Todos estamos xa de volta despois de sometérmonos a presión dunhas vacacións relámpao e comprobar que logo de dous anos de non acompañar nas procesión aos santos e santas veneradas en tódolos cornechos da pel de toro non estábamos moi desadestrados. As cadeas de televisión abrían os seus telexornais coas imaxes de Sevilla, de Málaga, de Teruel, de Calanda onde grandes multitudes gababan a grandeza de estar outra vez nas rúas do país. Nas praias, no monte, na neve, na casa… nunca se viviu con tanta intensidade a Semana Santa. Este feito permite comprobar que seguimos sendo un país de católicos, independentemente, que non sigamos os ritos marcados pola Iglesias, pero a cultura é a que é. Serviu, tamén, para testemuñar que a industria turística debe ser un sector a protexer, que potencia a creación de emprego, directo e indirecto, estease ou non da cordo co modelo ou modelos turísticos actuais.

España, sexa cal sexa a comunidade autónoma, que analicemos leva un empresario ligado a hostalaría, a restauración, o turismo activo, rural, relixioso, cultural, gastronómico, aluguer de coches, vivendas vacacionais, deportivo, náutico, termal ou as variedade que se queira. Somos un país que atrae pola súa calidade de vida, pola riqueza patrimonial, polo bo facer nun sector onde a experiencia xera un saber facer experiencial transmisible a calquera empresa e país do mundo desenvolvido, ou non, pola innovación aportada no terreo do I+D+i e ultimamente polo esforzo que algún empresarios están a realizar por un desenvolvemento sostible e de respecto ao medio medindo a pegada de carbono que o turista deixa no país ou rexión que visita.

Dependendo do modelo turístico elixido dependerá o impacto desa pegada. O programa Next Generation aprobado pola Unión Europea cuns orzamentos importantes para España a traveso dos Plans de Sostenibilidade Turística no Destino, PSTD, servirán para modular o cambio de modelo no que se aposte pola transición verde e sostible, pola mellora da eficiencia enerxética, pola dixitalización dos procesos en toda de cadea de valor turístico así como tódalas acción que permitan incrementar a competividade, xerando oferta, creando novos produtos, mellorando os que xa existen, embelecendo os lugares por medio de infraestruturas novidosas etc.

Non contamos, aínda, con datos exactos en canto ós niveis reais de ocupación deste período vacacional, pero atendendo o que se ve na rúa, os niveis de ocupación superaron, nalgúns casos, o 84 por cento o que indica que a pesar do alto nivel de inflación, un 9,8 por cento, a invasión de Ucraína polos rusos, as persoas desexamos desfrutar do noso tempo de lecer, reencontrarnos coa natureza, cos espazos perdidos, recuperar o tempo arrebatado. Nunca, como agora, fomos tan conscientes de vivir o momento, pois, as perspectivas que se presentan non son nada beneficiosas para o goberno do mundo e, por ende, do país. Mudará o modelo turístico, romperase coa xentrificación, mellorarase o patrimonio material e inmaterial, traballaranse novos produtos e, seguro, que acudirá turismo estatal e internacional a partes iguais. Galicia debe prepararse.

Comentarios