Opinión

Un conflicto sen fin

Profundiza na "guerra" entre Israel e Palestina

DIGÁMOLO CON claridade: tratar esta clase de asuntos é tanto como meter un raposo nun galiñeiro. Case tódalas galiñas quedan desplumadas e con feridas que non agardaban recibir. Nomear o sionismo é lembrar a orixe artificial de Israel. A invasión de Palestina polos xudeus expulsou máis de 750.000 persoas das súas casas exterminando familias enteiras co consentimento de USA e do presidente, Harry Truman, un ambicioso desmedido o que non lle importou lanzar as bombas atómicas contra Xapón. Case o mesmo que Donald Trump quen situou a Israel nese espazo permisivo para invadir, outra vez, a mesma terra que levan atacando co silencio cómplice das Nacións Unidas e dos países alineados cos grandes trusts dirixidos polos de sempre. Benjamín Netanyahu, mentres invadía declaraba encontraranse ameazados polas forzas palestinas equipadas con misís de última xeración. Segundo a prensa internacional a realidade era ben distinta, tanto que se acusaba a Hamas de lanzar 8 bombas e a Israel 200. É dicir, 254 mortos en Palestina, 11 en Israel. En ocasións, a propaganda desvelase con feitos reais por medio de publicacións contrastábeis.

Mencionabamos nuns artigos máis atrás a Alison Weir, activista e escritora estadounidense coñecida polo seu interese no conflito palestino-israelí e autora de La Historia oculta de la creación del estado de Israel, obra que estuda e documenta os feitos que provocan unha contenda que non se deu parado desde o seu comezo, mentres o mundo actúa como unha testemuña muda, silenciado, polos grandes lobbys dominantes nos eidos empresariais, políticos e mediáticos. Acusa Weir nesta obra a indiferencia dos medios informando sobre este acontecemento case sempre, desde o lado de Israel e sen entrar en Gaza, por exemplo, para avaliar con máis certeza os danos ocasionados, tanto en vidas como na destrución de fogares.

Anthony Blinken, secretario de estado norteamericano, reuníase o pasado mes de xuño con Yair Lapid, chanceler israelí, en Roma, nun intento, din as fontes consultadas, de deixar atrás a época de Donald Trump e a de Netanyahu, cando gobernaban, disto non fai moito tempo, intre no que se agravaron as invasións de terreos a familias árabes e cristiáns expulsándoos, como sempre, ben vivos, ben mortos. Á maneira do antigo modelo sionista, perfeccionado constantemente desde o seu nacemento vai xa para 140 anos.

Non se sabe nada das reunións que Blinken mantivo co eixo palestino aínda que Lapid nun xesto de sinceridade asume que nos derradeiros anos cometéronse erros polas dúas bandas. Esta semana recibiuno Borrell en función de comisario europeo: o mesmo conto. Queda moito por negociar neste conflito sen fin.

Quedan moitas feridas por restaurar e moitos terreos por devolver e, xa se sabe, quen conquista polas armas; non devolve o gañado, considerado xa propiedade por deméritos de guerra.

Moitos mortos dunha banda e moita tristeza e dor provocada por unha raza considerada, biblícamente, como a máis vella do mundo con todo o que iso di de sangue derramada durante séculos polos seguidores do vello testamento, fillos de Abraham.