Opinión

Galicia e Canarias comparten Ano Santo

ÁBRESE hoxe a Porta Santa na Catedral de Santiago. Ábrese un ano para a esperanza. A humanidad mirará cara Santiago de Compostela. E Compostela será, outra vez, o grande centro de peregrinación cristiana no mundo equiparándose a Roma e a Jerusalén. Significa, nin máis nin menos, a universalización da fe e a celebración do achádego dun sepulcro onde aparecen tres corpos identificados como os do apóstolo Santiago o Maior e os seus díscípulos Teodoro y Atanasio. Acontecía aproximadamente no ano 820. A partir daquí constrúese o Camiño de Santiago, "un fito histórico vivo, unha comprexa creación espiritual e cultural de orixe medieval que evolucionou ó amparo da historia de Europa, non de modo lineal; senon en paralelo, coas súas enerxías, impulso, crises, luces e sombras, adaptándose o pensamento de cada época para chegar ao século XXI cos matices propios da sensibilidade contemporánea", indica Francisco Singul na súa derradeira publicación El Camino que vence al tiempo, unha obra magna editada neste ano que está a rematar.

Existe nas illas Canarias un camiño, denominado Camiño de Santiago Entre Volcáns, centrado na actualidade entre Maspalomas, no concello de San Bartolomé de Tirajana e Santiago de los Caballeros de Gáldar, antiga corte da dinastía Guanarteme. Investigadores da Universidade de Las Palmas o sitúan no ano 1481, once anos antes da conquista de Granada e do descubrimento de América. Iste camiño, a diferencia do francés, une a tres continentes, Europa, África e América. Desde Las Palmas de Gran Canaria transita a figura e a imaxe de Santiago Apóstolo ata América levada por Cristóbal Colón e representada na toponomia do novo mundo o mesmo que na África española e portuguesa. Veneranse dous Santiagos en Gran Canaria, Santiago o Menor, en Tunte e Santiago o Maior en Gáldar a quen tamén se lle coñece como Santiago dos Océanos xa que se representa como surfeando unha onda mariña. Tanto Tunte como Gáldar contan con duas bulas papais in perpetuum; a de Gáldar concedida por Juan Pablo II no ano 1996, polas que se lles outorgan as mesmas indulxencias plenarias que si se fixese cadansúa das variables do Camiño de Santiago na península, a quenes cumpran os requisitos manifestados pola Iglesia, e cando cruzasen a Porta Santa. O trazado do Camiño discurre por sendas coincidentes con Patrimonios Mundiais da Humanidade, recoñecido polo Consello de Europa como é o do Risco Caído e as Montañas Sagradas, equiparándose o francés.

Tanto San Bartolomé de Tirajana como Gáldar contan nos seus escudos nobiliarios a Cruz de Santiago, proba máis que evidente da tradición xacobea, converténdose desta maneira na primeira advocación fóra do territorio da península e, sen dúbida, de Europa. Na actualidade Canarias xa está introducida no grupo de traballo creado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e situáse a beira doutras comunidades autónomas para integrarse dentro do Consejo Jacobeo dependente do Ministerio de Cultura para facer constar o seu valor. Canarias e Galicia unense compartindo Ano Santo.

Comentarios