Opinión

Lawrence de Arabia e Lowell Thomas, dúas persoas normais

Existen persoas ao teu redor nas que nunca fixarías a túa atención polo común do seu físico, pola maneira de vestir, de andar ou mesmo pola maneira de expresarse. Non amosan nada distintivo, diferente ou raro dos demais. Debes adentrarte no sustrato da súas vidas para descubrir, si puideses logralo, o enigma agochado para non ser nunca descubertos. Exercen como escritores, artistas, guerreiros, xornalistas, vagabundos, viaxeiros co don de facerse invisibles diante da multitude. É o caso de Lowell Thomas, nado en Ohio no 1892, fillo dun médico e dunha profesora, buscador de ouro nas montanas de Norteamérica, logo foi cociñeiro para rematar como xornalista, doctorándose pola Universidade de Princeton, unha das máis reputadas de aquel país.

Lowell puido engatusar a 18 empresarios cárnicos de Chicago para financiar as súas viaxes, acompañado dun cámara, a países en conflito, recollendo imaxes e amosándollelas ós seus compatriotas. En Jerusalén coñece a T.E. Lawrence, Lawrence de Arabia, acompañao polo deserto que da nome ao seu alcume, onde tomou imaxes que darían a volta ao mundo ata facer famoso a un soldado que non buscaba, ou si, unha popularidade aportada por un xornalista acostumado a facer traballo de campo, lonxe da comodidade dunha mesa, dunha cadeira e do peloteo social, a veces tan asqueroso nesa profesión.

Lowell, publica, Con Lawrence en Arabia, no ano 1924 e reeditado no 2007 por Ediciones del Viento, con sede en A Coruña, unha sorte de editorial especializada en literatura de viaxes dos séculos XIX e XX con obra publicada de gusto en canto a autores; moitos deles perdidos co paso do tempo.Reviven épocas de grandes aventuras realizadas por persoas comúns.

Reeditar a Lowell e recuperar a vida dese militar británico, cunha persoalidade esquiva tan ben retratada na película dirixida por David Lean, onde Peter O´toole representao atormentado, prototipo dun heroe, que renega de selo e que morre fóra do campo de batalla, víctima dun accidente de tráfico no seu país de orixe ao tratar de esquivar a uns ciclistas pilotando a súa moto, unha mañán de domingo uns minutos máis tarde das oito, un 18 de maio do 1935, na estrada que dirixe a Dorset. Os británicos, tan dados a creación de mitos, delegaron en Winston Churchill a asistencia ao funeral do militar.

A figura do coronel Lawrence e a "do verdadeiro nervo do movimiento árabe contra os turcos; el coñecía a súa lenguaxe, as súas costumes, a súa mentalidade, comprendía e compartía as súas diversións e o seu carácter astuto; en osadía e intrepidez era o primeiro; en resistencia os igualaba; os sobrepasaba en vigorosidade" quen así o define é o mariscal de campo, vizconde de Allenby, o seu superior inmediato en Palestina e Siria.

Quenes o coñeceron directamente calificarono como un erudito, extremadamente leal, arqueólogo e filósofo, curioso, con grande interese polas linguas. Lowell, tivo a oportunidade de tratalo e vivir con el as experiencias comúns de duas personas normais con intereses distintos.

Comentarios