sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

A perda do turismo e a lenta vacinación

Acontecía a semana pasada nunha sesión ordinaria na que a vicepresidenta segunda e ministra de economía, Nadia Calviño, concordaba coa OCDE e mesmo coa Comisión Europea na baixada de crecemento do PIB en España neste 2021 no caso xa, cada vez máis probable dunha cuarta onda COVID 19, neste país, onde non se acaba de acertar nas estratexias para a vacinación, a pesares da influencia negativa sobre a economía e a desconfianza xerada, seguro que interesada, sobre a vacina de Astra-Zeneca. Reflexiona a ministra sobre estes dados polos resultados acadados o pasado trimestre e o último do 2020 onde as expectativas de crecemento estaban nun 8,6% para situarnos nun actual 6,6%. A autoridade independente de responsabilidade fiscal, AIReF, cuxo fin está en custodiar o principio de estabilidade orzamentaria así como sostenibilidade financeira do estado sostén o mesmo criterio que o da ministra, como non pode ser doutra maneira. Si a iso se engaden as perspectivas que o Fondo Monetario Internacional ofrece para España a través de Gita Gopinath, economista xefa do Fondo, estimando no que a desemprego se refire, estaremos á beira de Venezuela, Sudán ou Armenia. A taxa acadará un 16,8%, dúas decimas máis que a grega; e dicir, recollémola herdanza do país heleno, que ata o de hoxe lideraba o desemprego na eurozona. Seguen as prospeccións deste organismo internacional indicando que non recuperaremos a taxa previa a pandemia ata polo menos o 2026. A nosa dependencia do turismo e a lenta implementación da vacina xogan en contra e ameazan con deixar unha pegada profunda no mercado laboral, citase textualmente. As previsións do goberno da nación, hai que dicilo, son outras, indicando a ministra de orixe galego, un «forte rebote aproveitando a chegada dos fondos europeos e o incremento de persoas inxectadas coa vacina». Uns fondos europeos destinados para España que no pasado recente foron criticados por Holanda e que na actualidade o son por Alemaña, ese país profundamente democrático, capaz do mellor e do peor, tal como reflicte a historia europea recente.

O drama está na xuventude e nos traballadores menos cualificados, tanto homes como mulleres. O cambio de ciclo que se prevé coa dixitalización e automatización da economía deixará moitos postos de traballo no limbo e non volveran a crearse máis polo que recolocar aos traballadores noutros sectores implicará un grande esforzo dos gobernos para adaptar a súa economía ao novo modelo, o que esixirá un cambio estrutural no ensino, tanto no regulamentado, sexa a formación profesional dual como na formación superior, como en toda a súa cadea de valor para o que non estamos aínda preparados. Urxe, pois, dar os pasos necesarios canto antes.

Falar de España é falar de Galicia e quen non asuma os cambios que se producirán neste novo contexto condenará a nosa comunidade a perder, outra vez, o paso da revolución industrial que se aveciña por moito que se abaraten os peaxes das autopistas.

A perda do turismo e a lenta vacinación
Comentarios
ç