Opinión

Que teñan conta del

Existen moitos tópicos sobre os galegos desde época inmemorial que os propios nunca fixemos grandes esforzos por combatelos. Xa saben, si subimos ou baixamos unha escaleira, como mostra de indecisión, si está chovendo constantemente, como explicación ao verdor da terra, como que somos aventureiros porque saímos da terra para buscar outras oportunidades, para eliminar a idea de pobreza e caciquismo ó que estivemos sometidos e, sobre todo, que somos brandos, por non usar a violencia. E hai máis... 

A presencia do rei honorífico en Sanxenxo a pasada semana, despois, de estar de vacacións en Abu Dhabi, que non exiliado, espertou o sentimento noutros lugares de que si se puidese recibir nalgún sitio sería na nosa terra porque desde aí non se provocaría ningún escándalo. A realidade é que o interese mediático expúxonos, unha vez máis, como unha comunidade a favor da monarquía e, sinceramente, Galicia, nunca se manifestou nin a favor nin en contra. Nunca fixo falta. Aquí recíbese a todo mundo. Quen ten que falar si a visita é procedente ou non son os tribunais de xustiza e polo que se saiba, estes non deron ningún sinal contra do exmonarca borbón, ao que acusan de manter contas no estranxeiro e da súa participación en negocios opacos. Lémbrese os casos da doazón do megaiate por empresarios mallorquinos ou polo caso de Urdangarín, un ex-xenro que se viu sometido a prisión, ademais doutros que non veñen o caso relatarlles. 

Quedan moitas interrogantes pendentes das que, auguramos, non teremos nunca coñecemento

O que non pode negarse é o apoio a institución monárquica que o regatista, e empresario Pedro Campos amosou diante da figura de Juan Carlos e quen saiba de Pedro, home, por certo, recoñecido como unha das grandes figuras da náutica mundial, e dunha grande habilidade para o marketing, decatarase de que a atracción mediática foi algo que aconteceu sobrevido. O que non quere dicir que non lle veña ben o Clube Náutico do que exerce como presidente ou a Telmo Martín que da a coñecer a súa vila en todo o mundo. Con esa inclinación de cabeza e aperta posterior ao recen chegado, Telmo, aseméllase mais a un vasallo que e alguén elixido democraticamente, cada vez que inclina a cerviz. O alcalde non debería baixar a cabeza diante de ninguén que non fose o pobo que o elixe ou rexeita en plesbicito universal. E menos diante dalgún o que se lle permitiu todo, nesa especie de "omertá" na que participaron tódolos grupos editoriais deste país. Quedan moitas interrogantes pendentes das que, auguramos, non teremos nunca coñecemento, pero o dano que se lle está a facer monarquía por quen a exerceu durante tantos anos non necesita que as forzas republicanas salten a exixir o cambio de réxime. De seguir así caerá por si mesmo. E cuestión de deixar operativo ao ancián por un tempo. Traelo a máis regatas. Buscarlle casa en Madrid. Déixalo que se vexa con amigos recoñecidos e que alterne todo o que considere. Que o fillo teña conta del, se non...

Comentarios