Opinión

Tambores de guerra, fiascos electorais e o amor

Sinceramente, levamos unhas semanas tratando asuntos como as negociacións internacionais xeradas por Ucraína na que participan actores tan coñecidos, que a opinión pública internacional está expectante por ver os saloucos dese home que trata de poñer a Rusia na escena mundial como estivo nun pasado non tan lonxano. Mentres, Biden ó que acusan de senilidade, recomenda ós seus concidadáns que abandonen ese país o que non implica que el estee a procurar outro lugar para situar a embaixada lonxe de Kiev. O goberno español, por medio do seu ministro de exteriores, recomenda ós nosos compatriotas que se encaren a unha realidade que aínda non existe para que saian daí; ó que Olaf Sholz, o premier xermano, sóltalles que aínda non chegou o intre de que ingresen na OTAN. Non será por gañas.

No día no que se escribe esta crónica as bolsas mundiais cotizaron á baixa, sendo a española a que máis baixou. A prima de risco sube e prez0 do petróleo sigue unha escalada parecida a cando se aconteceu a guerra de Irak, sómente que neste momento estabamos saíndo dunha crise mundial sanitaria, afectando ás economías mais fortes negativamente e ás máis débiles impulsándoas á bancarrota. Menudo panorama. ¿A quen lle pode interesar xerar este desequilibrio no mundo?. A alguén, sen dúbida.

Os comicios electorais en Castela-León, o ascenso de Vox, a caída de Ciudadanos, Unidas Podemos e o PSOE esforza ós analistas políticos nunha interpretación que todos facemos cando observamos uns resultados nos que, parece ser, que o PP desexa disimular o pacto con esa forza ultra saída das súas propias entrañas, pero que acabará asumindo; se non quere repetir un resultado no caso, pouco probable, de que se produza repetición das eleccións. ¿Como defenderá o actual presidente, Mañueco, diante do seu partido o adianto electoral?. ¿Que papel lle queda por xogar o sumo sacerdote do PP diante desta desfeita?. Hai quen di que esta situación favorece a Feijoo, o presidente de Galicia, que renegou acudir a Madrid cando llelo pediron, pero, hai quen di que si llelo piden con máis forza e con menos oposición interna que daquela, afrouxaría para situarse ao fronte dun partido necesario para a gobernanza en España nun momento no que tódolos brazos serán necesarios. O presidente galego, polo de agora deixase querer.

Estamos na semana do San Valentín. Grande invento para os grandes almacéns nos que incrementan as súas vendas e xeran expectativas románticas nos compradores. É tempo de que saian libros sobre a materia e, como non podía ser doutra maneira, aqueles realizados sobre as redes sociais e o seu uso para buscar parella, reflicten, que o mantela no tempo non é o máis importante, xorden as relacións líquidas e sociólogos, pensadores e persoas da rúa, votantes ou non, expresan as súas teorías sobre o asunto. Tambores de guerra, fiascos, electorais, comercialización dos sentimentos, ensaios sobre a dixitalización do amor, ¿a quen lle pode interesar?. Xa nos dirán.

Comentarios