Opinión

Viaxar

SI ACEDEMOS ao buscador de Google e introducimos o verbo "viaxar" encontrámonos con un montón de ofertas de viaxes, a cadanseu máis barato, que nos transportan aos lugares máis idílicos ou as aventuras máis extraordinarias. Tés que agardar bastante ata chegar a unha páxina da wikipedia onde desenvolven a idea de viaxar, pero sen moito entusiasmo, indicando que é o cambio na situación das persoas que se realiza a traveso do transporte, xa sexan mecánicos ou de tracción animal ou o feito a pé.

Situámonos, logo, pola práctica da viaxe en espazos diferentes e si mudamos de continente, en tempos diferentes. A viaxe está ligado ao descubrimento; ao encontro de novas culturas, diferentes linguas, diferentes costumes, diferente ordenamento xurídico e quen viaxa debe tomar isto en consideración para documentarse previamente ao traslado que realizará. Na actualidade podemos documentarnos sen moitas dificultades. Respectar as normas de cada sitio. Marabillarse cos espazos que visitamos e aproveitar o tempo para desconectar da rutina diaria. E pagar, claro. O viaxe, tamén, pode acoller forma de fuxida cando se fai para salvar a propia vida e a dos teus, sometidos aos vaivéns producidos polas guerras. Inmensos desprazamentos, moreas de persoas as portas das fronteiras doutros países agardando entrar para encontrar a paz e salvaren o pouco que teñen. Os gobernos das nacións veciñas desenvolven unha enxeñaría especial pare evitar a entrada masiva de desprazados polas súas fronteiras sen ter en contas a mulleres, nenos e anciáns e convertémonos en espectadores pasmóns desta situación cedendo as nosas autoridades as medidas a adoptar e, desta maneira, tranquilizamos a conciencia para poder durmir tranquilos. Segundo a Onu con datos do ano pasado hai 70,8 millóns de desprazados no mundo, 30 millóns deles son refuxiados dos cales a metade son menores de 18 anos. 10 millóns de persoas son apátridas as cales se lles nega unha nacionalidade e o acceso aos dereitos fundamentais como son a sanidade, a educación, o emprego e a liberdade de circulación. Na Venezuela de Maduro calcúlase que o número de desprazados xa chegou ós 3 millóns de seres humanos

Si. Aquí a viaxe tórnase en exilio e o turista convértese en refuxiado. Unha lacra que acapara as portadas dos xornais, informativos en radio e televisión, redes sociais, etc. dando conta das embarcacións á deriva e dos afogados que saen as praias. Un drama ao que aínda non lle soubemos dar resposta e no que é os organismos internacionais están a esforzarse para encontrar solucións ao traslado non voluntario dos viaxeiros forzados polas circunstancias a tomar un rumbo non desexado. Son nómades obrigados.

Existe outra maneira de viaxar que non xera un turismo masivo nin, polo tanto, agresivo co medio ambiente ni con ningún goberno demasiado escrupuloso: a viaxe interior. Para realizalo necesítase estar preparado. Non é que sexa difícil, pero si se debe adestrar para evitar os medos de encontrarse cun mesmo. Realízase desde o silencio. Desde a concentración. Desde a calma. Desde a serenidade. Desde a paz.

Comentarios