Opinión

Ás vítimas hai que valerlles

O PASADO luns, Castro de Rei despedía a unha veciña de 24 anos brutalmente asasinada. A falta de confirmacións oficiais de case todo o que rodea este tráxico caso, a maquinaria da rumoroloxía está en marcha, mesturando verdades con mentiras e conseguindo enlodar o recordo dunha vítima. Porque iso é o que é Tatiana Vázquez Abuín. Os investigadores e a xustiza determinarán se foi un caso de violencia de xénero ou outra cousa, pero teña a nomenclatura que teña, tratase igualmente dun crime atroz que non ten xustificación de ningún tipo. A Tatiana só queda facerlle xustiza, ás outras vítimas anónimas aínda se lles pode valer

Comentarios