domingo. 24.10.2021 |
El tiempo
domingo. 24.10.2021
El tiempo

Venezuela

TRES DOS catro partidos estatais xa decidiron cal é o gran problema que afecta aos españois: Venezuela. A quen lle preocupa o paro, a corrupción ou que haxa un 28,6 por cento de persoas en risco de pobreza e exclusión social? Polo que se ve, no PP, PSOE e Ciudadanos estes irrelevantes asuntos non están na súa axenda electoral. O que realmente lles ocupa e preocupa é Venezuela. É dicir, Podemos. Esa é a cuestión. As antigas relacións dalgúns dos fundadores da formación morada co réxime chavista está a ser espremida ata o paroxismo por populares, socialistas e ciudadanistas, que parecen non ter outros argumentos cos que meterlle man a Pablo Iglesias e aos seus seguidores. Todo o mundo está de acordo -incluída a inmensa maioría de podemitas- en que a xestión de Nicolás Maduro non é precisamente un exemplo de democracia. O que canta é que PP -o seu pai putativo, José María Aznar, apoiou en 2002 o efémero golpe de estado contra Hugo Chávez-, PSOE -as relacións do seu pai espiritual, Felipe González, co corrupto Carlos Andrés Pérez darían para escribir outro Espasa- e C ‘s -o seu pai e nai, Albert Rivera, foi a Caracas a recibir en baño mediático que lle negan na Coruña os seus camaradas-, o que canta, dicía, é que centren o seu foco só en Venezuela, coma se fose o único país do mundo mal gobernado e cuns dirixentes -no poder e na oposición- que non se merece. Poderían mirar, sen ir máis lonxe, a España.

Venezuela
Comentarios
ç