Sábado. 25.11.2017 |
El tiempo
Sábado. 25.11.2017
El tiempo

De tribunas a tribunais

QUERELAS, RECURSOS, berros, ameazas, recusacións, fianzas e unha tensión infinita no canto da política. Dúas posicións que parecen irreconciliables cambian parlamentos por tribunais, tribunas por banquiños. A iso chegouse pola incapacidade institucional.

Sería moi doado aquí verter grosos adxectivos contra quen pretende rachar co establecido ou á inversa, contra os que rexeitan a posibilidade de cambio. Pero o certo é que as dúas partes son culpables deste enfrontamento case cruento. E a saber se non irá a máis, porque chegados aquí, isto non parece recuar, o que pode provocar desde a suspensión dunha autonomía e a disolución dos seus órganos de Goberno ata o despregamento de policías e gardas civís para evitar a votación ou incluso movementos nos cuarteis. Un escenario descoñecido montado entre uns e outros que dá medo, e todo por non ter capacidade de acordos.

De tribunas a tribunais
Comentarios