Opinión

E despois do lume, que?

PESE A que todo o estado vai estar hoxe pendente do reloxio agardando que cheguen as dez da mañá e coñecer si Puigdemont resposta finalmente ao requerimento ou se "despide á francesa" antes de que se aplique o artigo 155 da Constitución, eu quero dedicar esta reflexión semanal ás consecuencias do terrorismo incendiario do que fomos vítimas os galegos e as galegas.

Como todo o mundo entrou xa de cheo en analizar si os incendios se produciron con especial virulencia pola acción dos pirómanos, organizados ou non, da seca, do abandono do monte, da falla dunha planificación forestal axeitada, da necesidade de facer limpezas preventivas ou da situación de despoboación e abandono do rural así como dunha inconsciente "urbanización" de zonas de monte... eu quero centrarme nas consecuencias que esta cuestión terá para moita xente, para as persoas afectadas que son as que nos deben interesar en primeira instancia.

Agora asistimos, como sempre, a unha serie de escinificacións de mostras de pesar, de condolencia e poses solidarios coas vítimas, en primeiro lugar dos catro falecidos por efectos dos lumes; dos que perderon as súas casas, naves industriais, maquinaria, animais de explotacións avícolas, gandeiras, etc. que non me cabe a menor dúbida de que están feitas desde o convecemento persoal e a sinceridade, pero eu quero ir máis alá.

"Traiame vostede a facturiña de compra do tractor que mercou hai 15 anos e que ardeu, xunto co vehículo, durante o sinistro"

Son momentos de grandes declaracións sobre "zona catastrófica", que farán ou non, de axudas á recuperación das vivendas, de pagos de maquinarias, de mil cousas que aparentemente soan moi ben, pero que á hora da verdade tradúcense en meses e meses de espera, valoración irrisoria dos enseres perdidos que, ao final, as vítimas acaban sentíndose dobremente abandoados.

Nesta vaga de incendios fálase de que casi 3.000 galegos foron evacuados, moitas casas foron arrasadas polo lume e catro persoas perderon a vida, que foi o peor. Pero que pasará cando, por exemplo, a un gandeiro lle dean 26 euros por unha ovella (non o sei, pero é por poñer como mostra no que pasa cando o lobo mata a un bobino desta ou outra especie que reciben esa cantidade) ou alguén valore o tractor de Manolo, con 15 anos de antigüedade, ou máis, en 5.000 euros. Que van facer con eses cartos? Que material de substitución van mercar con este tipo de indemnizacións? Insisto, descoñezo si están xa fixadas e a cuantía das mesmas, pero dígoo con antelación por si os encargados de facelo len este artigo e teñen a ben tomalo en consideración.

As vítimas foron moi concretas, pero pudemos ser calquera de nós. Pudemos ter o lume ás portas das nosas casas e ser nós os que estiveramos agora diante da traxedia vivíndoa en primeira persoas, sin vivenda, sin os nosos enseres, sin os nosos recordos, sin as nosas cousas, sin o noso traballo, sin o noso medio de vida, sin un futuro para nós e os nosos fillos a curto prazo...

Sexamos unha sociedade activa, moderna, solidaria e do século XXI e sexamos todos corresponsables do que lles pasa aos nosos veciños a través das ferramentas eficientes e eficaces que ten obriga de prestar o estado do benestar, as administracións públicas, as cales hoxe máis que nunca deben estar ao lado dos cidadáns, dos afectados con medidas claras, rápidas e de aplicación inmediata.

De nada vale que nos acordemos agora, estes días mentras están aínda quentes ou incluso semidurmintes os rescoldos do terror, senón que temos que dar pasos firmes para solucionar dramas reais e problemas concretos. Non vale aquelo de "encha vostede este formulario que xa llo tramitamos desde a ventaniña 5"... Si non ten a mala sorte de que lle digan, "volva vostede mañá...".

Hai que humaniza-la administración pública, baixar ao nivel que faga falla e ser parte da solución, non do problema. Que os encargados de valorar e tramitar as axudas establezan os mecanismos de control necesarios, pero sempre empatizando coa vítima para que non se acabe convertindo a tramitación nun auténtico galimatías burocrático a solicitude de axudas e indemnizacións para os damnificados. Non vale aquelo de "traiame vostede a facturiña de compra do tractor que mercou hai 15 anos e que ardeu, xunto co vehículo, durante o sinistro"...

Está claro que hai que evitar a picardía e incluso o abuso, que non digo que non se podan producir casos así tipificados, pero o que non podemos é condear aos afectados polo terrorismo incendiario a se enfrontar a unha administración fría e impasible ante a cruda realidade, ou non?

Comentarios