Opinión

Tacada a tres bandas

OCASIONAN fendas en Podemos a aplicación do 155 e a postura oficial co independentismo catalán. Poucas, certamente, pero algunhas transcenden. Igual que as discrepancias entre o PSOE e o PSC, co senador Montilla na tesitura de ter que votar a favor da intervención da comunidade que presidiu, porque así o defenden os socialistas en España en contra do que opinan os socialistas cataláns, polo menos en canto á magnitude da actuación do Goberno, que interpreta que un executivo autonómico pode ser destituído en pleno se non cumpre coas súas hipotéticas obrigas. A ver o que di o Constitucional e como repercute a decisión gobernamental na intención de voto en Cataluña. Pero mentres, o PP ao golpear o soberanismo bate por engadido en podemitas e socialistas. Unha tacada redonda, porque o PP nunca tivo Cataluña como obxectivo, senón que a utiliza como impulso en España.

Comentarios