Opinión

Cun verme na tripa

Ella Baila Sola.INSTAGRAM
photo_camera Ella Baila Sola.INSTAGRAM

ABRO OS dixitais tras unha semana de premeditada desconexión e vexo, en lugar preeminente das principais cabeceiras, que regresa Ella Baila Sola. No meu cerebro actívase inevitablemente o recordo daquel xogo de palabras que publicara no seu día certo xornal galego: "Eva baila Solla". Unha referencia, tan arriscada como brillante, á entón vicepresidenta segunda do Parlamento e ao quebracabezas no que se convertera o rupturismo galego. Esbozo un sorriso.

Ella Baila Sola tamén me trae á memoria aquelas madrugadas de regreso do Maycar nas que un amigo, cuxo nome omitirei para non socavar (aínda máis) a súa reputación, entoaba con etílica destreza os versos máis sentidos de Marta e Marilia: "Por qué ya no me baila/un gusano en la tripa/cuando suena el teléfono/y escucho su voz". Esbozo un novo sorriso e conclúo, por puro siloxismo, que Ella Baila Sola trouxo moita felicidade a este mundo (ou polo menos máis da agardada).

Comentarios