Opinión

'Lentejita' e outras probas de cargo

COMO UN monstro que leva dúas centurias sen comer, cidadáns e medios de comunicación -públicos incluidos- lanzámonos ao xuízo pola morte de Asunta agardando devorar un suculento prato de morbo. Talvez só o contido do ordenador portátil de Alfonso Basterra logre saciar un pouco esa fame voraz que durante dous anos, os que leva a nena morta, nos serviu para ir engulindo sen escrúpulos fotos dela en roupa interior, informacións detalladas do vestiario 'fashion' da nai no cárcere, gravacións nos calabozos nas que se nos revelaba como o pai lle chamaba "Lentejita" á súa ex... Pero os diminutivos de legumes empregados como apelativos cariñosos, que eu saiba, non constitúen proba de cargo algunha. Que non se nos olvide que, detrás desa ristra de datos accesorios sen case ningunha trascendencia para o que se vén a xulgar estes días en Santiago, está un crime sen resolver dunha meniña de 12 anos.

Comentarios