Opinión

Sagaces iniciativas

Sagaces iniciativas. EFE
photo_camera Sagaces iniciativas. EUROPA PRESS / LAVANDEIRA JR
VALORO MOITO os esforzos dos gobernos por contarnos tan ben —e tantas veces— todo canto fan por nós. De verdade. Envexo a súa determinación para repetírnolo ata a saciedade, sen medo a aburrir. Ás veces ata soño con todos eses plans estratéxicos e innovadores dos que nos falan a diario. Soño coas súas iniciativas sagaces, cos seus ambiciosos proxectos de nomes certamente enxeñosos. E viaxo por oníricas sendas dixitais, modernizando sectores por aquí e por acolá, mobilizando centos de miles de millóns de euros ao meu paso e creando postos de traballo directos a embute. Por non falar dos indirectos. Logo esperto, abro a ventá e vexo que no caixeiro de abaixo está durmindo Ousmane.

Comentarios